Músicas ao Vivo elixiu a Xiana Lastra como nova presidenta

Sonia Lebedyinski renunciou ao posto por motivos persoais

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Despedida da directiva de MAV a Sonia Lebedynski. Fonte: Facebook de MAV

Despedida da directiva de MAV a Sonia Lebedynski. Fonte: Facebook de MAV

A Asociación Músicas ao Vivo, que organiza cada ano os Premios Galegos da Música Martín Códax, remudou a súa directiva na asemblea que celebrou en Compostela este 15 de setembro. Sonia Lebedynski Diéguez renunciou á presidencia da entidade por motivos "simplemente persoais e familiares que impiden que a miña implicación e dedicación ao cargo sexan as desexadas", segundo explicou a propia presidenta saínte. Na mesma asemblea asumiu o cargo Xiana Lastra, que anunciou a súa intención de "seguir traballando polo colectivo e en clave feminista". Lastra, actual vocalista da Banda da Loba, apuntou que acolle o cargo con tranquilidade xa que "a equipa que temos na directiva é magnífica e faise un traballo descomunal e totalmente en conxunto".

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A música non para

A música non para

A escena musical achou na gala dos VII Premios Martín Códax da Música algo que celebrar no medio da crise

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociación Músicas ao Vivo, Banda da Loba, Santiago de Compostela