"¡Que non pare a música!", reclamaba Xiana Lastra, presidenta da Asociación Músicas ao Vivo como colofón do seu discurso institucional acompañada pola Xunta Directiva na gala dos VII Premios Martín Códax da Música de Galicia. Con case seis meses de adiamento respecto á data inicial do seis de maio entregábanse onte os galardóns dunha edición destes premios, que se ben inicialmente ía estar marcada por ser a que máis proxectos presentaba desde a súa creación, finalmente foi marcada polas circunstancias da crise sanitaria sen precedentes. Malia todo, coma lembraba a mesma Lastra, "precisamos ter algo que celebrar", e iso foron estes Premios Martín Códax, unha celebración da música e unha declaración de resistencia.
Moitas mudanzas de data e formato pero non cambiou o lugar onde se celebrou este acto, Músicas ao Vivo non quixo renunciar a facer unha gala coma tal, malia que, coma un dos membros da Xunta Directiva recoñecía, ata o mesmo día anterior tiveron dúbidas de poder levala a cabo. O Pazo da Cultura de Pontevedra acollía neste caso un público moi limitado a 60 persoas, unha ocupación que aparecía ridícula nun patio de butacas tan grande coma o do recinto da ribeira do Lérez. As restricións de seguridade sanitaria da comunidade limitaban ese máximo e a asociación convocou a persoas que representasen as candidaturas finalistas, 3 por cada categoría quedando o número exacto entre o público. Coma xa é habitual en calquera evento cultural os protocolos de seguridade sanitaria seguíronse con extremada firmeza tanto entre o público coma no propio escenario.
Inés Salvado, integrante da formación De Vacas, conducía o acto e era a primeira encargada de marcar os procedementos, polos que as estatuas Melómanas non serían "entregadas" senón recollidas directamente polos gañadores ao subir ao escenario, onde un grupo musical amenizaba as esperas e intermedios. A condución do acto por parte de Salvado centrou o guión, coma era de agardar, nas circunstancias de restrición actuais e con bo humor a artista ía aparecendo en escena a cada rato cun suposto novo Diario Oficial de Galicia con novas normas, protocolos e prohibicións. No guión estaba tamén a comparación constante entre a actividade cultural e outros sectores no relativo á capacidades de asistentes. Así a gala comparouse cun voo de Ryanair, que podería ir cheo ata os topes, ou cunha sala de bingo, que tampouco estaría suxeita ás mesmas restricións.
Novidades e marca de participación
A convocatoria para a participación nos premios abriuse o 1 de marzo, poucos días antes do decreto de confinamento, e talvez iso contribuíu a que chegasen a 577 as propostas aspirantes a conseguir algún dos galardóns. A nivel de proxectos musicais, foron 501 fronte aos 388 de 2019, 397 en 2018, 386 en 2017 ou 396 en 2016. Un fiel reflexo da cantidade e calidade da música do país, aseguraba a presidenta de Música ao Vivo. Neste caso ademais presentaba novidades o propio proceso de votacións, no que se fixo ao contrario respecto a anteriores convocatorias. Nesta sétima edición a primeira selección de entre todos os proxectos se fixo polos membros dun xurado profesional para, despois da súa selección, pasar a unha fase de votación aberta en xeral a membros da asociación MAV que decidiron os proxectos a premiar de entre aqueles seleccionados polos xurados. No relativo ás categorías este ano as categorías folk e tradicional volveron desdobrarse en dúas, como era habitual nos premios previamente ao ano 2018, e engadiuse unha nova categoría de Bandas de música popular, para poñer en valor e facer visibles a estas agrupacións que en moitos casos son o berce formativo de moitos dos músicos que logo seguen na escena musical e fan parte de outros proxectos de todos os xéneros.
Os rituais previos do certame víronse modificados tamén nunha das celebracións previas xa tradicionais desta gala, o encontro de finalistas. Neste caso foi imposible levar a cabo eses encontros físicos que cada ano reunían a estes seleccionados de xeito conxunto, a organización decantouse polos encontros virtuais en modo de vídeo en liña e para facelo viable fixéronse tantos encontros coma categorías de premio, reunindo aos tres finalistas máis unha persoa coma anfitrioa en cada caso. Ao longo das últimas semana eses encontros foron publicándose nas redes de MAV e aí están para ser consultados, aumentando ademais os contidos en rede que este certame xera, xa enormes coa base de datos de proxectos presentados e os arquivos musicais anexos.
Recollidas agridoces
O feito de que cada proxecto só puidese estar representado durante a recollida do galardón por unha súa persoa deixaba nos momentos de subida ao escenario e agradecemento unha sensación "agridoce" neles, e así a describía a primeira das artistas que accedeu ao atril. Carla Green así o describía abrindo a noite coa recollida do premio Blues - Funk Soul para a súa formación Carla Green & The Demons. Do mesmo xeito se expresaron outros moitos, nalgúns casos designados polo resto dos membros das súas formacións como "embaixadores" na gala, que máis alá dos agradecementos habituais, sinalaban nas súas mensaxes aos seus compañeuiros e compañeiras ausentes no escenario e no recinto por mor das medidas sanitarias.
Foi a segunda das premiadas da noite, Silvia Penide, quen ao recoller a súa Melómana na categoría de Canción de Autor/a quixo facer a primeira das dedicatorias de sector, neste caso dirixida ás salas de música do país "que se ven obrigadas a pechar as súas portas". A artista tiña ben presente ese peche definitivo comunicado fai uns días polo Bâbâ Bar que a levou a facer unha reivindicación de apoio público. Penide recollía neste caso por segunda vez na súa carreira este galardón, unha repetición da que tamén puideron presumir as membros de Agoraphobia, na categoría de Rock, e Guadi Galego, que recibía o premio para ela e a Banda Somerxida na categoría Pop e Indie, na que a cedeirense se presentou co seu repertorio nada convencional. Susana Saavedra, cantante de Agoraphobia, volvía coas súas dedicatorias a lembrarnos a situación das salas de concertos trasladándolles os seus ánimos, ao igual que a todos aqueles músicos e bandas que, coma elas, quedaran este ano ás portas de tocar en festivais e recintos onde sempre quixeran acceder. Ilusións que se viron canceladas ou adiadas con incerta continuidade.
Resistencia obstinada
Sen deixarse levar polo pesimismo, máis ben con aire de celebración verdadeira ou, coma pedía o membro da Xunta Directiva de MAV, Xabier Mera, "obstinados para resistir", foron entregándose os 17 premios musicais. A orquestra América de Vigo, recibía o premio das Músicas de verbenas, un subsector especialmente castigado este ano pola súa enorme estacionalidade. A formación celebra ademais estes días os seus 44 anos de existencia nas festas galegas. Un dos integrantes de BROA, a banda gañadora da categoría Metal quixo ter unha lembranza tamén para todos os traballadores do sector musical ademais dos propios artistas, incluíndo técnicos, programadores e encargados das salas.
Para os galardóns non musicais, os premios Organistrum, Pepe Doré, da coruñeas Sala Garufa, foi o encargado de abrir o sobre que desvelaba a O Náutico de San Vicente como a mellor sala de concertos de este ano. Miguel de la Cierva declarouse un "privilexiado" por ter podido traballar ben este verán programando dúsicas de concertos pero quixo aproveitar a visibildiade do atril para facer unha acendida defensa do sector e unha reclamación directa ás administracións públicas pedindo ferramentas legais e financeiras para protexer a cultura e "un marco normativo que permita traballar a tódalas salas de concertos que se responsabilicen de cumprir unhas normas coherentes coas que están a aplicar no resto dos sectores". A entregas do premio honorífico a María Manuela Díaz Orjales (A Coruiña. 1945), María Manuela para o mundo artístico foi coma ven sendo habitual nas en anteriores edicións, un momento de emoción co recoñecemento desta artista que leva desde 1974 sendo un referente da canción en galego, durante anos coa súas parella profesional e de vida, Miguel Varela, e despois de falecido este xa en solitario ademais de ter participado en varios proxectos.
O discurso de Xiana Lastra, ao fronte da Xunta Directiva repasaba os múltiples problemas e reivindicacións dun sector que se movía xa en moitas cordas frouxas normativas e económicas antes desta crise sanitaria e que agora vía coma a súa situación se agravaba. A presidenta de Músicas ao Vivo reclamou das administracións apoio aos músicos profesionais e non profesionais resumindo en dúas palabras unha posición de realidade e determinación de ser ante a invisibilización e o descoido por parte dos responsables públicos: "Estamos aquí".
Lista de premiados:
BLUES- FUNK SOUL : Carla Green & The Demons
CANCIÓN DE AUTOR7A : Silvia Penide
METAL : BROA
ELECTRÓNICA: Músculo!
JAZZ E MÚSICAS IMPROVISADAS : Manuel Gutiérrez Trío
TRADICIONAL: Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre
ROCK: Agoraphobia
POP E INDIE : Guadi Galego e a Banda Somerxida
BANDAS POPULARES: Banda de Música de Merza
INFANTIL : Magín Blanco e a Banda das Apertas
MÚSICAS DO MUNDO: Najla Shami
FOLK : Caldo
ORQUESTRAS GRUPOS E MÚSICAS DE VERBENA: América de Vigo
CLÁSICA E CONTEMPORÁNEA: TAC Taller Atlántico Contemporáneo
REGGAE SKA E MESTIZAXE: High Paw & Elephants Yard
COROS E GRUPOS VOCAIS: Coro Cantábile
MÚSICAS URBANAS : Laura Lamontagne & Pico Amperio
Premios Organistrum:
SALAS : O NÁUTICO DE SAN VICENTE
FESTIVAIS: FESTIVAL AGROCUIR DA ULLOA
PROXECTOS DE COMUNICACIÓN E DIFUSIÓN MUSICAL: MÚSICAS GALEGAS ILUSTRADAS