A Asociación Senunpeso recibiu o premio José Sellier

A Academia Galega do Audiovisual recoñece o labor da entidade de Vedra que finalizou este ano a súa actividade

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Acto de entrega do Premio José Sellier

Acto de entrega do Premio José Sellier

O premio José Sellier, co que a Academia Galega do Audiovisual recoñece cada ano "o labor de iniciativas salientables dentro do sector audiovisual" foi nesta xeira para a Asociación Senunpeso de Vedra. A entidade, que organizou durante anos o coñecido LAV.mov e que anunciou en setembro a súa disolución, recibía este recoñecemento o venres 10 de novembro na Coruña.

Segundo apunta a Academia, Senunpeso "traballou de xeito incansable a prol da formación e da exhibición audiovisual, empregando o audiovisual como ferramenta para o encontro, a creatividade e a aprendizaxe, desde un pequeno concello da provincia da Coruña". O colectivo "reivindicou con orgullo o seu cerne rural e o seu vínculo co territorio, a través de propostas de referencia para profesionais de toda Galicia como foron o Laboratorio Audiovisual de Vedra, o LAV.mov ou a convocatoria A fume de carozo".

A coincidir co fin da súa actividade, "este premio quere ser un agradecemento a todas as persoas que a fixeron posible e un recoñecemento ao pouso que deixa en veciñas e veciños de Vedra, profesionais do sector e persoas de toda Galicia que amamos o noso audiovisual", salienta a Academia.

Que che parece esta nova?
142 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vedra, Academia Galega do Audiovisual, A Coruña