O festival Olloboi leva o premio José Sellier da Academia Galega do Audiovisual

O galardón recoñece o esforzo en promover o audiovisual entre a mocidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Logotipo dos 10 anos de Olloboi

Logotipo dos 10 anos de Olloboi

O festival de audiovisual escolar Olloboi, que celebra este ano a súa X edición, acaba de ser galardoado co Premio José Sellier. A Academia Galega do Audiovisual recoñeceu co seu galardón especial este proxecto "por utilizar o cinema como ferramenta transversal para a educación en valores, a promoción da cultura e o idioma galegos entre a xuventude e visibilizar un compromiso ambiental e social co entorno". Do mesmo xeito, a entidade destacou o labor da iniciativa á hora de "difundir o audiovisual galego entre a xuventude a través das creadoras e creadores e permitir que o talento dos nosos artistas faga canteira". A entrega dos premios desenvolverase este venres 21 de febreiro no Encontro de Finalistas dos XVIII Premios Mestre Mateo que se celebrará na Coruña.

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Academia Galega do Audiovisual, Xuventude, Cine, Educación...