Presentan a serie 'Rockefeller en Mondariz'

Recolle a viaxe feita polo multimillonario a terras galegas en 1929

| Santiago. Redacción | Seccións: AudiovisualHistoria
Compartir:

Hoxe venres ás 20:00 horas terá lugar no salón de actos do Concello de Mondariz Balneario (Pontevedra) a presentación en primicia da serie de televisión "Rockefeller en Mondariz". Este traballo audiovisual indaga na visita que o famoso millonario americano John Davison Rockefeller III fixo a Galicia no verán de 1929, cando visitou a catedral de Santiago, asistiu a unha corrida de touros en Pontevedra e tivo un encontro no Gran Hotel de Mondariz co entón xefe do Estado, o ditador Miguel Primo de Rivera. A produción forma parte do programa organizado pola Fundación Mondariz Templo del Agua e o Concello de Mondariz-Balneario para conmemorar o 150 aniversario da Declaración de Utilidade Pública das Augas de Mondariz (1873-2023) esta realizada en coproducción coa TVG

"Rockefeller en Mondariz" xurde dun traballo de investigación sobre esta visita iniciado polo xornalista Fernando R. Ojea e que serviu como base para un produción audiovisual que levou á busca de documentación en más de trinta arquivos de España y América; un traballo en equipo producido por Valentín Carrera, presentado por Alicia Carrera Castaño; con realización de Carlos Prado Pampín; narración de Isabel Vallejo e Stephen Hughes; e a participación especial nas escenas reconstruídas de Sandra Carrera como Carmen Primo de Rivera e Luis Iglesia como John D. Rockefeller III. O traballo contou tamén coa participación do escritor Juan Eslava Galán e do xornalista e investigador orixinal da viaxe, Fernando R. Ojea. O audiovisual se estreará este venres, contando a volta ao mundo do multimillonario, na cal percorreu Europa, China, Xapón ou o Pacífico. Durante toda a viaxe, Rockefeller escribiu un diario ata a data inédito, que se conserva e cuxo relato é o fío condutor da serie.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mondariz, Pontevedra, Catedral, TVG...