Patrimonio rexeita urbanizar o antigo xardín do Balneario de Mondariz

O concello quería cambiar o PXOM para recuperar un espazo e musealizalo

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O concello de Mondariz Balneario propuxera a modificación do plan xeral de ordenación municipal para urbanizar con chaléso espazo do xardín do Balneario de Mondariz, un espazo en estado de semiabandono no que se atopan mesturados elementos románicos procedentes do contorno coa arquitectura e distribución propia dun xardín de finais do XIX e inicios do século XX. O acordo incluía a recuperación para o concello do edificio da Lavandería, que quería ser convertido en Museo, e para a empresa construtora Sodesmon a urbanización deste espazo. Patrimonio rexeitou onte a parcelación do xardín e a súa urbanización por considerar o proxecto "incompatible coa protección do conxunto" e "unha perda e destrución dunha parte primordial da súa natureza intrínseca", segundo informan en El País.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mondariz, Arquitectura, Natureza, El País

Claves

Entidades
Lugares