Aberto o camiño para a recuperación da Fonte de Troncoso

Un xulgado de Madrid autoriza a cesión do inmoble ao concello de Mondariz-Balneario

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A rehabilitación da fonte de Troncoso, unha antiga instalación termal vinculada ao Balneario de Mondariz, podería estar máis próxima. Un xulgado do Mercantil autorizou a cesión por parte da empresa propietaria da fonte ao concello de Mondariz Balneario. Así lle foi comunicado á Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, que se puxera en contacto co xulgado como parte das accións para coñecer a situación legal da fonte, tras a solicitude da asociación SOS Fonte de Troncoso. A empresa propietaria do inomble estaba en concurso de liquidación de bens. O xulgado informou que autorizou o día 20 de novembro a cesión da Fonte de Troncoso ao concello. A corporación manifestara o seu interese en recibir de xeito gratuíto o edificio durante este procedemento concursal, debido á "urxencia de actuar para evitar un dano irreparable nun elemento cultural catalogado e singularmente apreciado polos veciños de Mondariz Balneario". En xullo do 2020 o Consello da Cultura Galega emitira un informe sobre a situación de emerxencia na que se atopaba o inmoble, a petición do arqueólogo Alberte Reboreda.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mondariz, Madrid, Consello da Cultura Galega, Arqueoloxía...