O conselleiro de Cultura, Román RodrÃguez, anunciou na mañá deste 23 de setembro que o seu departamento investirá medio millón de euros para recuperar a Fonte de Troncoso, en Mondariz-Balneario. Este conxunto, deseñado polo arquitecto porriñés Antonio Palacios, fai parte do catálogo do patrimonio cultural galego. A degradación á que estaba sometido motivou un importante movemento social a prol da súa recuperación.
Segundo a previsión da Xunta, os primeiros traballos licitaranse este mes de novembro cun orzamento de 130.000 euros, e estarán destinados a consolidar o conxunto e evitar a súa degradación. Para unha segunda fase está previsto o investimento doutros 400.000 que se destinarán á rehabilitación e recuperación desta obra, a partir dun proxecto elaborado polo arquitecto César Portela. De cara a esta actuación, está pendente a sinatura dun convenio co Concello de Mondariz-Balneario, actual propietario do conxunto.
O manancial fÃxose noticia o pasado mes de abril de 2022 logo de fose subtraÃda do mesmo parte da varanda modernista conservada no lugar. A Xunta de Galicia xa comprometera o seu apoio á recuperación do recinto en 2020, logo de que o Concello de Mondariz-Balneario conseguise a cesión do conxunto e dun informe do Consello da Cultura Galega a denunciar o estado de perigo no que se atopaba este inmoble.