A Plataforma SOS Fonte de Troncoso denunciou ante as autoridades o roubo de parte da varanda modernista da escaleira que dá acceso á fonte deste edificio de Mondariz-Balneario. Segundo destaca a entidade "en concreto foi roubado un dos postes de fundición que decoraban a varanda que permite acceder á fonte desde a porta leste, que aparecÃa coroado por unha cabeza de león alado con corpo de voluta vexetal".
O espolio ademais provocou danos nun dos balaústres da escaleira de fundición "que perdeu o motivo vexetal que o coroaba e servÃa de soporte ao pasamáns". A entidade lembra que o conxunto da fonte foi deseñado polo arquitecto Antonio Palacios, aÃnda que apunta que a súa autorÃa non pode aplicar, en principio, ao balaústre. "Este tipo de balaústres están presentes noutras arquitecturas de principios o século XX da bisbarra de Vigo e Pontevedra", sinala o comunicado, que advirte tamén que "non acontece o mesmo co poste en forma de león alado roubado, para o que non coñecemos paralelos en ningún outro lugar".
A Plataforma lembra que o edifico da fonte está "nun estado de conservación deplorable" e que levan anos a reclamar a súa recuperación. A campaña conseguiu apoio de entidades coma o Colexio de Arquitectos de Galicia, o Consello da Cultura Galega e a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. A entidade reclama agora o feche inmediato do acceso da este edificio emblemático para evitar novos roubos e que se acometan as comprometidas obras de recuperación.