As chuvias provocan danos en bens patrimonais

A Fonte do Pasatempo e o castro de Panxón afectados polas augas

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Desprendementos no castro de Panxón. Foto: Máis que petróglifos

Desprendementos no castro de Panxón. Foto: Máis que petróglifos

As abundantes chuvias dos últimos días provocaron danos en bens patrimoniais localizados en zonas de sensibilidade como as ribeiras ou os cantís mariños. A Fonte de Troncoso (Mondariz) foi afectada poo anegamento do río Tea, segundo a plataforma SOS Fonte de Troncoso. A auga tirou abaixo a reixa de fundición que pechaba parte do edificio, que está pendente das accións de rehabilitación comprometidas pola Xunta. Pola súa banda, o perfil Máis que petróglifos amosou o impacto do temporal no castro de Panxón, onde desprendementos no cantil sacaron á luz restos arqueolóxicos como tégulas romanas.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mondariz

Claves

Lugares