A Fundación Penzol ven de recibir en doazón un fondo documental persoal do poeta e intelectual Emilio Álvarez Blázquez (Tui, 1919 - Vigo, 1988) de mans do seu fillo Emilio Álvarez Pazos. O pasado 2 de agosto tivo lugar a sinatura do documento de doazón e posta a disposición da fundación deste conxunto de documentación que inclúe cartafoles con variada correspondencia; outros con notas, borradores e fragmentos de obra, manuscritos e mecanografados; folletos e debuxos, ademais de retallos de prensa Álvarez Blázquez e sobre el. A Fundación Penzol procederá en breve á descrición arquivística do fondo, que estará a disposición de estudosos e persoas interesada na súa figura.
Emilio Álvarez Blázquez estivo vinculado aos inicios da Editorial Galaxia, onde formou parte do equipo técnico que a puxo en marcha. En 1961, xunto con Salvador Lorenzana (Francisco Fernández del Riego) e mais Celso Emilio Ferreiro, fundou e codirixiu a colección de poesía Salnés. Tamén, xunto cos seus irmáns, Álvaro e Xosé María, participou na fundación da Editorial Castrelos en 1964. En 1957 a Real Academia Galega nomeouno académico correspondente. Foi chanceler do Consulado do Uruguai en Vigo e secretario técnico do Colexio de Farmacéuticos da provincia de Pontevedra. Co seu irmán Xosé María, publicou o libro 'Poemas de ti e de min' (1949) na colección Benito Soto. Con el tamén colaborou en dúas pezas teatrais: 'El libro del por qué' (1946) e 'Los pazos altivos' (1947). En 1988, pouco antes do seu falecemento, deu ao prelo, na colección Dombate da Editorial Galaxia, o poemario 'O tempo desancorado (poemas para María Blázquez)'. En 2005 Edicións Xerais de Galicia recolleu a súa obra en galego no volume 'Poesía galega completa e textos en prosa', con limiar de Xesús Alonso Montero, estudoso da súa personalidade e da súa obra, e un estudo literario de Miro Villar.