Desde este luns 4 de setembro e ata o vindeiro día 6, a vila de Lourenzá acolle o encontro Francisco Fernández del Riego na cultura galega do século XX. A Real Academia Galega (RAG), o Concello e a Universidade de Santiago (USC) organizan o que é o grande encontro anual sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas. A iniciativa, que fai parte da oferta de cursos de verán da USC, contará coa presenza dunha vintena de especialistas na vida e obra de Don Paco.
O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, abre o encontro ás 17 horas deste 4 de setembro cunha intervención sobre a vinculación de Del Riego coa institución que chegou a presidir. María Dolores Villanueva Gesteira, autora da biografía do homenaxeado, continuará a sesión cun repaso do seu percurso vital.
Os anos de formación de Del Riego protagonizarán o día 5 a intervención do historiador Justo Beramendi sobre os anos de formación política e intelectual de Del Riego na II República. O período protagonizará tamén unha mesa redonda da que farán parte o académico Lourenzo Fernández Prieto, o profesor da Universidade da Coruña Uxío Breogán Diéguez e o investigador do Instituto da Lingua Galega Pablo García Martínez.
Ramón Villares, a abordar a relación do protagonista coa diáspora galega en América, e mais Xesús Alonso Montero, que centrará a súa presentación no seu epistolario con Luís Seoane completan as actividades académicas da segunda xornada.
Na terceira sesión, unha mesa redonda con Dolores Vilavedra, Henrique Monteagudo e a secretaria da Fundación Otero Pedrayo, Patricia Arias Chachero abordará os epistolarios de Del Riego con Álvaro Cunqueiro, Ricardo Carballo Calero, o filólogo portugués Manuel Rodrigues Lapa e Ramón Otero Pedrayo.
A relación entre memoria, ensaio e paisaxe na obra de Del Riego protagonizarán outro debate entre a académica María López Sández, Camiño Noia e Ramón Nicolás. Xosé Manuel Soutullo, pola súa banda, impartirá unha conferencia sobre "Francisco Fernández del Riego na editorial Galaxia, na Fundación Penzol e na revista Grial", un tema no que se afondará na última mesa redonda do encontro, a cargo de Xosé Luís Pastoriza, Álex Alonso Nogueira e Xosé Manuel Dasilva.
O programa inclúe tamén un percorrido didáctico polos lugares de Del Riego en Lourenzá guiado polos seus biógrafos locais, Manuel Román e Xosé López González.