O prematuramente falecido escritor Domingo Villar (Vigo, 1971-2022) protagoniza a actualidade este mes de setembro grazas á publicación e estrea da súa obra 'SÃbaris'. O texto teatral, unha rareza da súa creación literaria máis dirixida cara á novela policÃaca, que deixou rematado e entregado antes de morrer estará este mércores xa nas librarÃas publicado por Galaxia editorial na súa versión galega. Ademais diso a compañÃa Condetrespés última os ensaios da posta en escena da obra, que terá a súa estrea o dÃa 30 de setembro no Teatro GarcÃa Barbón de Vigo. Lois Blanco dirixe a un elenco no encabezado por Carlos Blanco e Belén Constenla no que tamén están Oswaldo Digón e Pablo Novoa, a escenografÃa corre a cargo de Marta Villar, prima do escritor. En 'SÃbaris' o escritor presenta en clave de comedia negra clásica unha reflexión aguda, cómica, ás veces desapiadada, arredor da literatura e todo o que a rodea. O seu protagonista é VÃctor Morel, un escritor en crise creativa , vinte anos despois de que conseguise acadar o éxito coa súa novela "SÃbaris". Agora está bloqueado e nunha situación económica cada dÃa peor.
A publicación da obra en galego por Galaxia editorial inclúe un limiar a cargo de Inma López Silva, nel a escritora amosa unhas conversas polo Whatsapp entre ela e Domingo Villar sobre a obra nas que o autor pedÃalle que a lese e aclaraba que o único que buscaba era proporcionarlle ao público unhas horas de entretemento. Segundo o comunicado de Galaxia sobre o texto, poderase ver nel o fino sentido do humor que Domingo Villar destilaba, facendo desfilar pola obra as filias e as fobias de moitas escritoras e escritores ao longo da súa carreira literaria e que teñen que ver cos medos, as inseguridades e as paranoias de todos aqueles e aquelas que se dedican a escribir. A estrea das representacións en Vigo o dÃa 30 de setembro e 1 de outubro virá sucedida por unha xira que a levará por Narón, Lugo, Pontevedra, VilagarcÃa, Santiago de Compostela, O Grove e A Coruña, onde estará os dÃas 28 e 29 de decembro. A versión en castelán ten tamén prevista a súa presentación en Madrid nos Teatros del Canal o vindeiro mes de xuño do 2024.