O prematuro falecemento de Domingo Villar (Vigo, 1971-2022) deixou orfos a moitos lectores das súas obras dun xeito triste e sen previo aviso, pero na gabeta do escritor aÃnda se gardaba algunha obra que agora a Editorial Galaxia ofrecerá ao público. Segundo o comunicado pola editorial será o dÃa 20 do vindeiro mes de setembro cando sairá do prelo o libro "SÃbaris", unha obra de teatro que o autor vigués deixou rematada por completo e que entregou á editorial para a súa publicación. Sobre o libro avánzase que trátase dunha peza dramática protagonizada por un escritor que vén de recibir o Nobel mais que se atopa nun bloqueo creativo dende hai ben de anos. Segundo o comunicado de Galaxia sobre o texto, poderase ver nel o fino sentido do humor que Domingo Villar destilaba, facendo desfilar pola obra as filias e as fobias de moitas escritoras e escritores ao longo da súa carreira literaria e que teñen que ver cos medos, as inseguridades e as paranoias de todos aqueles e aquelas que se dedican a escribir. Trátase, indica a editorial, dunha reflexión aguda, cómica, ás veces desapiadada mais sempre lúcida, arredor da literatura e todo o que a rodea. Os seguidores do creador do detective Leo Caldas accederán aquà a un Domingo Villar poliédrico que era moito máis que un construtor de tramas policiais como xa quedara demostrado no delicado "Algúns contos completos" que a Editorial Galaxia publicou en 2021 e que tanto éxito de público e crÃtica alcanzou. Non existen dúbidas de que con esta achega ao mundo do teatro, Domingo Villar seguirá facendo o mesmo que fixo durante a súa corta mais fecunda vida: seducir lectoras e lectores para a literatura galega.