Domingo Villar xa volve estar presente en Vigo

Inaugurouse a estatua que o representa nu banco da alameda viguesa

29/1/2025 | Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaSociedade
108 lecturas | Compartido 0 veces

Foto: Concello de Vigo

O prematuramente falecido escritor Domingo Villar (Vigo, 1971 - 2022) permanecerá "para sempre" na memoria dos vigueses non só polas súas creacións literarias senón coa escultura que desde onte lle representa lendo sentado nun banco da Praza de Compostela, na Alameda de Vigo. Ao mediodía deste mércores levouse a cabo a presentación desta obra por parte do alcalde vigués, Abel caballero, que estivo acompañado pola familia do escritor. A representación do autor de 'A praia dos afogados' e outras obras de grande éxito, trátase dunha peza en bronce do artista ourensán Pedro Dobao, que tivo un custo 114.000 euros para o concello.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
2 lugares identificados
Claves temáticas
Lugares