O Concello de Vigo incia as actividades de homenaxe ao escritor Jules Verne

A viaxe comeza en Vigo

Polo centenario do pasamento do escritor francés Jules Verne, o Concello de Vigo vén de poñer en marcha varias iniciativas de homenaxe á súa figura en lembranza de que o escritor dedicou á baía de Vigo o capítulo VIII da segunda parte de "Vinte mil leguas de viaxe submariña". Os xardíns de Montero Ríos acollerán desde hoxe unha gran escultura en bronce, doazón da Asociación de Mulleres Empresarias da provincia de Pontevedra, que representa ao escritor sentado sobre uns tentáculos xigantes En colaboración co Arquivo Pacheco, o martes abrirase no Verbum a mostra “80 fotos arredor de Verne”, na que oito fotógrafos vigueses ofrecen a súa visión da obra do escritor. Un ciclo de contacontos acompañará esta mostra. O concello repartirá a colexios, asociacións veciñais e bibliotecas públicas de Vigo un total de 6.695
libros, distribuídos en 515 colecciones con 0obras de Jules Verne.


Máis información no Xornal do Concello