A faceta máis coñecida de Jules Verne (Nantes, 1828-Amiens, 1905) é sen dúbida a de escritor. Nas súas viaxes o francés deu por pasar ata dúas veces por Vigo, ambientando na rÃa algún dos pasaxes da súa famosa obra '20.000 leguas de viaxe submarina', o que levou a establecer un vencello entre o escritor e a cidade recordado aÃnda hoxe de moitos xeitos. Como novidade neste vencello, este xoves 19 de marzo o Instituto de Estudios Vigueses (IEV) organiza na Escola Municipal de Artes y Oficios (EMAO) un concerto comentado no que interpretaranse por vez primeira en Galicia obras musicais asinadas polo propio Jules Verne, nunha faceta creativa pouco coñecida do escritor. A mezzosoprano, Nuria Lorenzo, o mestre Alejo Amoedo ao piano e contando cos comentarios de Antonio Giráldez difundirán esta obra recordando a Verne no ano do seu 120 cabodano.
Segundo explica o músico e investigador Alejo Amoedo, Verne, en coherencia co contexto do século XIX no que os recitais musicais de salón centraban a vida social burguesa, estudou solfexo, piano e harmonÃa; escribindo en 1847 o texto da súa primeira canción, 'Les gabiers, chanson maritime'. Ao ano seguinte trasládase a ParÃs para estudar dereito e compra un piano, compoñendo cancións, operetas, comedias e debutando con obras lÃricas escritas en colaboración do seu amigo e compositor, Aristide Hignard (Nantes, 1822-Vernon, 1898). En ParÃs estivo rodeado de músicos como Offenbach, Massé, Barbier ou Delibes, entre outros. Lembramos que Verne foi secretario do Théâtre Lyrique de ParÃs. Tralo éxito da súa novela 'Cinco semanas en globo' (1863) e a publicación de 'As viaxes extrearodinarias', Verne non publicarÃa novas cancións nin operetas. Con todo a música está presente en moitas destas obras e concretamente en '20.000 leguas de viaxe submarina' emerxe novamente a fascinación pola música a través do capitán Nemo e o órgano instalado no submarino Nautilus.
O recital de Vigo centrarase nos inicios literarios de Jules Verne, moito antes do seu primeiro éxito literario. A primeira letra que escribe é Los Gavieiros (1847). Completarán o programa as obras incluÃdas na publicación da primeira serie de 'Rimas e melodÃas' (1857). Todas as pezas foron compostas en unión do seu amigo, o compositor nantés, coma el, Aristide Hignard (Nantes, 1822 – Vernon, 1898). O programa incuirá as seguintes pezas: Simplemente (dedicada ao compositor A. Dufresne); Canción de berce (dedicada Madame Alfred hignard); Os dous rebaños (dedicada ao compositor e cantante Gustave Nadaud); A doce espera (dedicada a Anatole Liennet); A nosa estrela (dedicada a Mademoiselle Honorine Deviane, futura dona de Verne); Canción escandinava (dedicada Edouard garnier); Canción turca (dedicada a Madame Gavarni); Dafne (dedicada a Ernest de Meynard); Os gavieiros. Canción marÃtima (dedicada a Charles Bataille).