Un encontro internacional conmemora a visita a Vigo de Xulio Verne

Hai 140 anos que o escritor francés pasou pola Cidade Olívica

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Un encontro internacional conmemora a visita a Vigo de Xulio Verne

A conmemorar os 140 anos da visita do escritor á cidade e os 150 da visita ficticia do submarino Nautilus na novela Vinte mil leguas baixo dos mares, o Auditorio Municipal de Vigo acollerá esta semana, entre o 15 e o 17 de febreiro, o encontro internacional De Vigo a Verne. Unha conferencia de Piero Gondolo della Riva, considerado uns maiores especialistas sobre o autor, abre un programa que inclúe unha ruta temática sobre Verne pola cidade paseos en barco pola Ría de Vigo, unha ofrenda floral á estatua do autor homenaxeado e outras palestras a cargo de investigadores como Pasqual Vernat, Agnés Marcetteau ou Jesús Navarro. O escritor e xornalista Eduardo Rolland coordina esta iniciativa, na que tamén estará presente a escritora Ledicia Costas.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cidade Olívica, Eduardo Rolland, Eduardo Rolland, Ledicia Costas...