A Universidade de Vigo recupera unha das súas citas culturais máis senlleiras e celebrará, entre o 19 e o 21 de outubro, a XXXII Semana de Cine Submarino. O auditorio Afundación da Cidade Olívica acolle este programa, no que se realizará unha homenaxe ao promotor desta actividade, José Luis González, falecido en 2023 logo de trinta anos á fronte do proxecto.
Os catedráticos da Universidade de Vigo Jesús Souza Troncoso e Elsa Vázquez Otero collen a remuda de González logo dun ano de pausa na celebración deste ciclo cinematográfico. A iniciar a nova etapa, o programa muda de localización e abre esta xeira cunha curtametraxe documental que repasa a traxectoria de González, unha homenaxe visual que, segundo sinala a organización "revela o seu inigualable talento para capturar a esencia do mundo submarino a través da súa lente".
Canda a esta, na primeira sesión proxectarase tamén El pecio Bou Ferrer de la Vila Joiosa: Un yacimiento extraordinario e mais Proxecto Argos. Memoria e patrimonio baixo da ría, no que Manuel Vázquez González pon en valor o patrimonio cultural subacuático da ría de Ribadeo. O arqueólogo deste último proxecto, David Fernandez Abella, protagonizará un coloquio sobre patrimonio mergullado ao rematar as sesións.
A segunda xornada da Semana centrarase en vídeos e documentais premiados no Ciclo Internacional de Cinema Submarino de San Sebastián 2023, Cimasub. Indonesia Blue do cineasta austríaco Fabian Guggenberger, Os Catro Reis, o Santuario do Mar de Halmahera de Karlos Simón, Strangest Things do estadounidense Dustin Adamson e As dúas caras de Tenerife do canario Felipe Ravina compoñen as proxeccións do día. A completar estas, será a quenda do director, arqueólogo e director do grupo de investigación Icomav da Universidade de Alacante, José Antonio Moya, de falar sobre o patrimonio baixo as augas.
No último día desta edición poderán verse Islas Cies: biodiversidad amenazada, no que José Irisarri aborda a caída de capturas de lagosta en augas de Galicia e do Cantábrico, e mais Marcados para sobrevivir, producida tamén por José Irrisari e dirixida por Manuel Uhía, encol dos avances científicos no estudo de peixes, raias e centolas na costa galega e de quenllas peláxicas no océano Atlántico. Patricia Quintas Pérez doutora en Ciencias do Mar pola UVigo e xestora do proxecto BlueWWater achegará á xornada a súa experiencia na investigación sobre contaminantes no medio acuático.