A TVG estrea o programa de literatura 'As mil e unha páxinas'

A primeira emisión na madrugada de hoxe abordará o xénero da novela negra

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaComunicación
Compartir:
Elba Pedrosa nunha imaxe do programa                                 Fonte: TVG

Elba Pedrosa nunha imaxe do programa Fonte: TVG

Pouco despois da medianoite deste xoves a TVG estreará, a través da súa segunda canle TVG2 o programa 'As mil e unha páxinas' , un formato co que pretende animar á lectura, pero que tamén promoverá as últimas creacións de autores galegos noveis e dará a coñecer o tecido editorial do país. A escritora Elba Pedrosa presentará este espazo enmarcado dentro da 'Noite da Cultura' que estrease abordando o xénero da novela negra. O homenaxeado será o escritor Domingo Villar. Os espectadores máis noctámbulos coñecerán os autores, editores e grandes referentes do xénero en Galicia. Tamén haberá recomendacións de títulos para que o público descubra as novidades e algunha ópera prima da novela negra galega.

Que che parece esta nova?
130 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Por qué a novela negra?

Analizamos os factores que lle deron ao xénero policial a importancia que ten nas letras galegas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TVG, Xénero, Literatura, Domingo Villar...

Claves

Entidades