As xornadas de novela negra de Verín homenaxean a Domingo Villar

Celébranse os días 3 e 4 de xuño coa presenza de Arantza Portabales, Xaquín F. Leiceaga ou Alejandro Corral

3/6/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: literatura
32 lecturas | Compartido 0 veces

A Biblioteca Pública Municipal de Verín acolle ás 19:30 horas deste 3 de xuño o acto de apetura das IV Xornadas de Novela Negra. Co lema "Personaxes de Novela", o programa contará presenza de recoñecidas firmas desde xénero como Arantza Portabales, Xaquín F. Leiceaga e Alejandro Corral. Canda a elas, fan parte do programa "un elenco de profesionais, que normalmente aparecen nas novelas deste xénero literario". Así, o ex Comisario de Vilagarcía Enrique León, o Comandante da Garda Civil Víctor Souto, os médicos forenses Iria del Río e Fernando Serrulla, o xornalista Rafa Cid e o Xuíz Vázquez Taín, que ademais dirixe o evento.

Desde o Concello de Verín apuntan que "dado o prematuro pasamento do escritor vigués Domingo Villar, quen colaborou activamente ao longo destes anos no evento da Biblioteca de Verín" e de feito inaugurou a primeira edición, "desde a organización decidiuse render unha homenaxe a súa persoa na inauguración do evento" a cargo de Lorena Carnero e Daniel Carnero, voluntarios da Biblioteca de Verín. Unha imaxe do autor presidirá todas as conferencias como un xeito de recoñecemento ao que consideran "gran baluarte da escrita galega contemporánea".


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arantza Portabales, Xénero, Domingo Villar, Garda Civil...

Claves

Entidades
Conceptos