Verín reunirá especialistas de novela histórica con perspectiva sobre autoras e personaxes femininas

As III Xornadas de Novela Histórica levarán á vila a importantes autoras e autores

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:
Verín reunirá especialistas de novela histórica con perspectiva sobre autoras e personaxes femininas

Os vindeiros 27 e 28 de marzo, a Biblioteca Municipal do Concello de Verín, en colaboración con SAGA (Sociedade Antropolóxica Galega), converterán, un ano máis, a vila do Támega no epicentro cultural da novela histórica organizando a terceira edición das Xornadas de Novela Histórica. Esta edición marca como principal obxectivo visibilizar e por en valor o papel da muller ao longo da historia. A presenza de relatoras de primeiro nivel no programa vese reforzada e así poderá asistirse ás charlas con Luz Gabás, autora de Palmeras en la nieve; María Vila, co seu libro La leyenda de las dos piratas; María Solar, autora de Os nenos da variola, e As horas roubadas; Eva Díaz, que falará sobre como escribir novelas históricas dende a perspectiva feminina, e autora de El color de los ángeles, Finalista Premio Nadal 2008; ou Rosario Raro autora de Volver a Canfranc. Este terceiro encontro temático incluirá tamén unha mesa redonda que contará coa presenza de Javier Sierra, José Calvo Poyato e José Luis Corral "As damas nas novelas sobre o Santo Grial"; e coma na pasada edición, os autores farán os seus correspondentes percorridos pola historia e a novela acompañados pola música do luthier e trobador, Emilio Arias. Ademais José Luis Corral dará a conferencia: "Mulleres da historia á novela: Tres mulleres na vida de Carlos de Austria".

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, María Solar, Nadal, Piratas...

Claves

Protagonistas
Lugares