O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa DomÃnguez, anunciou onte a recuperación da Bienal de Arte en Pontevedra, a celebrar quince anos despois da súa derradeira edición ata o momento. O ano 2025 será, segundo DomÃnguez, o da volta deste formato que naceu en 1969 e estivo a celebrarse ata 2010. Os detalles da planificación e organización da Bienal de Arte do 2025 serán compartidos "na próximas semanas e meses", asà como "outros pasos que daremos desde o Museo", asegurou o vicepresidente referÃndose ao Museo Provincial. Neste eido, Rafa DomÃnguez aproveitou a ocasión para asegurar que a Bienal incorporará o persoal do Museo, a nova directora e os conservadores e para "recoñecer a implicación e compromiso das súas e dos seus traballadores". De feito, nesta mesma xornada o vicepresidente tivo un encontro formal co persoal das diferentes seccións do Museo para facelo partÃcipe das decisións que se van tomar desde a Deputación de Pontevedra para impulsar o Museo.
Respecto ao inagardado anuncio da volta da Bienal, Rafa DomÃnguez asegurou levar "meses de esforzo e planificación" para "revitalizar este importante evento e levalo a novas alturas en 2025". De feito, segundo avanzou, "a nosa visión é que a Bienal sexa unha plataforma que impulse a innovación artÃstica e promova a diversidade cultural nun mundo cada vez máis interconectado". "Pontevedra será o epicentro internacional da arte no 2025 e aquà presentaranse obras vangardistas que desafiarán as fronteiras da creatividade", detallou. Ademais, o vicepresidente tamén remarcou que se converterá nun revulsivo para o turismo, "xerando un efecto multiplicativo nos visitantes” e contribuÃndo ao crecemento “do turismo cultural en Pontevedra e á proxección internacional da cidade como destino cultural imperdible".