A pelÃcula 'O Corno', da directora e guionista Jaione Camborda (Donostia, 1983), competirá na sección Platform do Festival Internacional de Cinema de Toronto (TIFF), onde terá lugar a súa estrea internacional. O certame celebrarase entre o 7 e o 17 de setembro. A pelÃcula, unha "road movie" rural ambientada na Galicia dos anos 70, está rodada en galego e portugués en diferentes localizacións das comarcas de Arousa e Baixo Miño (Pontevedra) e Alto Minho (Portugal), e conta no seu reparto co protagonismo da bailarina e coreógrafa Janet Novás, debutando no cine, ademais de Diego Anido, Carla Rivas, Siobhan Fernandes, Nuria Lestegás e Julia Gómez, entre outros. O filme é unha produción de Esnatu Zinema, Miramemira e Elastica Films, en coprodución con Bando à Parte (Portugal) e Bulletproof Cupid (Bélxica).
A sección Platform do Festival de Toronto, dedicada aos proxectos máis valentes e innovadores, está composta de estreas mundiais que compiten polo Platform Award. Entre os tÃtulos que se teñen estreado outros anos nesta sección competitiva están Jackie, de Pablo LarraÃn, Moonlight, de Barry Jenkins, ou Lady Macbeth, de William Oldroyd, e formaron parte do xurado cineastas como Claire Denis, Béla Tarr, Brian de Palma ou Riz Ahmed. Precisamente Barry Jenkins será este ano o presidente do xurado desta sección, onde xa tivera a estrea mundial da súa longametraxe Moonlight, coa que gañou en 2017 o Oscar á Mellor PelÃcula. Como xa se comunicou con anterioridade, o filme terá a súa estrea europea a finais de setembro no Festival Internacional de Cine de San Sebastián, onde competirá na Sección Oficial. A estrea en salas de cine chegará o 11 de outubro, da man de Elastica Films.