A Praza da FerrarÃa de Pontevedra acollerá hoxe co concerto de Gisele Jackson and The Shu ShuÂ’s o comezo da 29ª edición do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra que terá lugar ata o 11 de agosto. A edición deste ano, que se moveu das súas datas tradicionais de xullo a agosto, porá o foco no blues e no soul, sen esquecer o jazz que quedará nas mans dos músicos galegos presentes nesta edición. Estas músicas terán representación a través das artistas internacionais Gisele Jackson, Acantha Lang e Vanessa Collier, namentres a parte máis "jazzera" do cartel recaerá nos pontevedreses Pablo Patiño e Mr. River. Todos os concertos serán de balde e tamén a Street Band Chivinjazz percorrerá as rúas da cidade todos os dÃas que dure o festival ás 12.30 e ás 20 horas. O concerto de hoxe supón un cambio de última hora ao caer do cartel a artista Carolyn Wonderland por razóns de saúde. A organización, nun movemento áxil e a contrarreloxo, logrou confiar este dÃa a Gisele Jackson and The Shu ShuÂ’s.
Luns, 7 de agosto, 22.30 horas – Gisele Jackson and The Shu Shu’s,
Martes, 8 de agosto, 22.30 horas – Acantha Lang
Mércores, 9 de agosto, 22.30 horas – Vanessa Collier
Xoves, 10 de agosto, 22.30 horas – Pablo Patilo
Venres, 11 de agosto, 22.30 horas – Mr River