Unha exposición sinala a "importante mudanza" na investigación e posta en valor do patrimonio cultural

O CCG inaugura a mostra Olladas #EMPC. Olladas #INSITU

  • O Consello da Cultura Galega inaugurou esta mañá a exposición Olladas #EMPC. Olladas #INSITU , na que se ofrece unha panorámica sobre a evolución do patrimonio cultural galego na última década a partir dos Encontros Monográficos do Patrimonio...

Quico Cadaval leva a escena con títeres un texto inédito do Seminario de Estudos Galegos

O Museo de Pontevedra acollerá a estrea de Romance de unha fatal ocasión este 22 de novembro

  • Oitenta e oito anos despois da súa composición, o inédito Romance de unha fatal ocasión do Seminario de Estudos Galegos (SEG), verá a luz na forma dunha montaxe de títeres. Quico Cadaval corre coa adaptación dramática deste texto, que poderá...

A exposición Vigo no tempo pescuda nos diversos nacementos da identidade viguesa

Pode visitarse en Afundación Vigo ata o 20 de xaneiro

  • O pasado venres inaugurouse en Vigo a quinta das exposicións do proxecto Cidades no tempo. A mostra Vigo no tempo aborda a identidade e o ligado histórico de Vigo a través dunha combinación de cen documentos, obxectos arqueolóxicos, obras de ar...

Lionel Rexes gaña o VIII Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta

O relato 'Nove lúas' acadou o favor unánime do xurado

  • O escritor lucense Lionel Rexes (París, 1971) ven de resultar gañador da oitava edición do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta grazas ao seu relato 'Nove lúas'. O xurado decidiu por unanimidade concederlle o galardón á obra de Rexes Martí...

A Consellería de Cultura anuncia as súas liñas de traballo para 2024

Os orzamentos prevén 105 millóns de euros para programas culturais

  • O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, presentaba este 26 de outubro ante a Comisión 3ª do Parlamento as liñas de traballo do seu departamento de cara á aprobación dos orzamentos para 2024. Segundo adiantou, o proxecto de contas do goberno...

A Fundación Laxeiro acolle a mostra 'O QUE HAI' de alumnado de Belas Artes

Trátase do primeiro proxecto expositivo do acordo de colaboración asinado coa Universidade de Vigo

  • A Fundación Laxeiro ven de presentar "O QUE HAI, obxecto, materia e o cotián nos tempos da precariedade", unha exposición que se manterá nas salas da fundación (Rúa Policarpo Sanz, 15, 31, Vigo) ata o 11 de febreiro do 2024. Este é o primeiro ...

O vasco Juan Escudero álzase co Premio Jesús Núñez de arte gráfica

O galardón da Deputación da Coruña está dotado con 6.500 euros

  • A obra 10 grados valeulle ao artista vasco Juan Escudero facese co XVIII Premio Internacional Jesús Núñez de arte gráfica. O xurado do certame que convoca a Deputación da Coruña acordou outorgarlle ademais dous accésit a Mateus Patryck de Oliv...

Falece o antropólogo danés Gustav Henningsen

A súa investigación sobre bruxería nos anos 60 en Galicia deixou importantes fondos gráficos e sonoros de gran valor patrimonial

  • O Museo do Pobo Galego ven de expresar, a través das súas redes sociais as súas condolencias ante o falecemento do antropólogo danés Gustav Henningsen (1934-2023), cuxas investigacións en Galicia na segunda metade da década dos anos 60 deixaro...

A VIII Xornada de Onomástica atenderá os nomes na cultura popular

A Real Academia organiza este encontro o día 21 en Pontevedra

  • O Edificio Castelao do Museo de Pontevedra acolle este sábado 21 de outubro a celebración da VIII Xornada de Onomástica. O encontro anual que organiza a Real Academia Galega atenderá nesta ocasión aos nomes de persoa e de lugar presentes na cult...

En liña o catálogo do Museo da conserva

Pódense consultar case 1.800 obxectos

  • O Museo da Conserva da Fundación Punpromar, localizado en Vigo e promovido pola patronal dos fabricantes de conservas (ANFACO) acaba de publicar en liña o catálogo da súa colección. O web recolle 1782 rexistros que inclúen materiais moi diverso...

Os ártabros levantan a voz en Ferrol

A campaña no castro de Tralocastro revela a continuidade do xacemento entre a Idade do Ferro e a romanización

  • A Idade do Ferro en Galicia ten un paradoxo. O pobo que máis coñecemos polas fontes escritas clásicas son os Ártabros, o grupo étnico que vivía na zona comprendida ao redor das rías altas. Porén, desde o punto de vista arqueolóxico, é tamé...

Unha exposición repasa a relación de Picasso coa Escola de Belas Artes da Coruña

A mostra pode verse ata o 15 de decembro no Arquivo do Reino de Galicia

  • Un percorrido polos primeiros 70 anos da Escola de Belas Artes a explorar a súa relación con Pablo Picasso. Esta é a proposta da exposición A Escola de Belas Artes da Coruña e Picasso que abría as súas portas este 13 de outubro no Arquivo do R...

O Consello da Cultura celebra o congreso sobre o Seminario de Estudos Galegos

O evento pódese seguir ao vivo no web da institución os días 10 e 11 de outubro

  • A sede do Consello da Cultura Galega en Santiago acolle o congreso Saber de nós. Cen anos do Seminario de Estudos Galegos . O encontro, que se desenvolve os días 10 e 11 de outubro, desenvólvese en catro sesións que abordan o contexto histórico ...

A aldea ourensá de Facós distinguida como Lugar de Interese Cinematográfico da península

As academias audiovisuais recoñecen o sitio pola gravación en 1940 de 'O carro e o home'

  • Representantes de oito Academias de Cine e Audiovisual da península presentaron no marco do VIIº Encontro de Academias de Cine e Audiovisual, que se celebra estes días en Ourense coincidindo co OUFF o novo distintivo 'Lugares de Interese Cinematog...

Rinoceronte Editora presenta dous novos dicionarios en liña

O Centro Ramón Piñeiro lanzou tamén un dicionario galego-italiano

  • A firma Rinoceronte Editora publicaba este 26 de setembro, a coincidir do Día Europeo das Linguas, dous novos dicionarios en liña que se suman ao Dicionario Castelán-Galego que xa estaba dispoñible na rede e que tamén ampliou. Un Dicionario Lat...

O Consello da Cultura levou a Rosalía de Castro ao Instituto Cervantes

Unha velada na sede da institución madrileña conmemora este 26 de setembro o Día Europeo das Linguas

  • ...ra, Izaro e Xoel López. A celebración da efeméride en Madrid incluíu tamén a edición do Grito hacia Roma , de Federico García Lorca, con versións en galego, alemán, búlgaro, catalán, checo, croata, danés, eslovaco, esloveno, estonio, éuscaro, finés, ...

Cinco espazos galegos participan do proxecto Museos Vivos

A iniciativa permite visitas automatizadas a centros de interpretación do Courel, Mesía, Allariz e Ribas de Sil

  • A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural presentaba onte a iniciativa Museos Vivos de Galicia. Este proxecto europeo, do que participan cinco espazos galegos, permite a visita automatizada a diferentes centros de interpretación. A proposta, que inc...

A cidade romana de Armea esténdese cara a Idade do Ferro e a Idade Media

As novas intervencións no xacemento alaricano revelan a prolongada ocupación do sitio

  • No espectacular xacemento romano de Armea, con evidencias de ocupación durante o Alto Imperio romano, había dúas incógnitas. Por unha banda, a relación que podía ter co castro existente no outeiro de Armea. Aínda que o urbanismo do xacemento e...

O Arquivo de Galicia creara unha sección de arquitectura

Conterá documentación de todo tipo e farase en colaboración co COAG

  • A Xunta de Galicia creará unha sección específica de arquitectura no Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura, coa intención de dar unha maior visibilidade, divulgar e conservar o extenso traballo e fondos documentais dos profesionais galegos des...

Unha roda vestida de seixo

Remata a intervención na roda prehistórica de Adai (Lugo) constatando a similaridade entre todas as xa escavadas

  • Un equipo da USC dirixido pola profesora Pilar Prieto remata a principios desta semana a intervención arqueolóxica no Castrillón, ou Corro dos Mouros en Adai (Lugo), un monumental xacemento circular da Idade do Bronce. Con oito rodas escavadas nos...