Oitenta e oito anos despois da súa composición, o inédito Romance de unha fatal ocasión do Seminario de Estudos Galegos (SEG), verá a luz na forma dunha montaxe de títeres. Quico Cadaval corre coa adaptación dramática deste texto, que poderá verse o vindeiro 22 de novembro no Museo de Pontevedra a coincidir coa presentación da edición deste texto e doutro inédito do SEG que realiza a institución.
Romance de unha fatal ocasión foi composto en xullo de 1935 durante unha xeira do Seminario de Estudos Galegos pola comarca do Deza. Dedicado a Castelao, por entón exiliado, e mais a Alexandre Bóveda e a Robustiano Fernández Cochón, a composición conta con caligrafías de diferentes membros do Seminario e con ilustracións a cargo de Vicente Risco, Manuel Gómez Román, Hermida e Laxeiro, que ilustra a portada. Malia as múltiples colaboracións, o texto foi atribuído a Xosé Filgueira Valverde.
A adaptación escénica que agora ve a luz integra títeres e cantar de cego a contar coa voz e a música de Francisco do Romualdo, que canda ao propio Cadaval e a Larraitz Urruzola corre coa manipulación dos bonecos.
Canda a este texto, a edición que agora lanza o Museo de Pontevedra inclúe tamén a peza Tibi Bastianus Imperator Peruensis elaborada tamén por varios membros do Seminario en 1935. A publicación inclúe dous estudos introdutorios, realizados por María Jesús Fortes Alén, responsable da área de Documentación do Museo de Pontevedra.