A Xunta de Galicia creará unha sección especÃfica de arquitectura no Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura, coa intención de dar unha maior visibilidade, divulgar e conservar o extenso traballo e fondos documentais dos profesionais galegos desta disciplina. O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román RodrÃguez, asinou onte o protocolo de colaboración co decano do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), Luciano Alfaya, no marco do arranque da celebración do 50 aniversario da entidade. Ao abeiro desta colaboración, crearase unha sección no Arquivo de Galicia que recompile e poña a disposición dos investigadores e da sociedade xeral toda unha colección de proxectos, textos, imaxes, maquetas, documentos de traballo ou materiais gráficos e audiovisuais do eido da arquitectura feita en Galicia, de acordo co COAG. Ademais, a Xunta comprométese a incluÃr no seu plan anual de dixitalización de fondos documentais unha selección destes materiais e tamén se procurará un espazo de exposición que sirva para dar a coñecer e poñer en valor o legado arquitectónico de Galicia.