En liña o catálogo do Museo da conserva

Pódense consultar case 1.800 obxectos

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Lata de conservas. Foto: Funpromar

Lata de conservas. Foto: Funpromar

O Museo da Conserva da Fundación Punpromar, localizado en Vigo e promovido pola patronal dos fabricantes de conservas (ANFACO) acaba de publicar en liña o catálogo da súa colección. O web recolle 1782 rexistros que inclúen materiais moi diversos, desde maquinaria de produción industrial, produtos empacados, ata diferentes formatos publicitarios, de marketing ou mesmo a dixitalización de espazos industriais en ruínas. Algúns dos obxectos ou espazos foron dixitalizados a través de fotogrametría, que pode ser consultada nas fichas, e moitas das pezas dispoñen de detalladas descricións de uso e orixe dos obxectos.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Obxectos ausentes

Obxectos ausentes

Só un museo de Galicia exhibe as súas coleccións en Internet

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo

Claves

Lugares