Boa parte dos grandes museos do mundo dispoñen dun catálogo das súas coleccións de obxectos musealizados desde hai moitos anos: son ferramentas que permiten usos didácticos e investigadores alén da visita fÃsica aos centros. Sen embargo, a práctica totalidade dos museos de Galicia continúan a carecer dun catálogo mÃnimo de pezas en liña. O resultado: a invisibilidade dixital de boa parte do patrimonio histórico galego preservado.
Nada máis entrar na sede web do Museo Británico, na columna central do sitio aparece destacado un apartado: “Explore the British Museum”. Trátase dunha enorme base de datos de imaxes e obxectos que permite explorar miles de pezas dos inxentes fondos dun dos museos máis visitados do mundo. O catálogo funciona como un auténtico museo interactivo: propón itinerarios, visitas virtuais, e servizos especÃficos para nenos e mozos, con unidades didácticas ao redor das pezas. O Museo del Prado, en Madrid, tamén ofrece unha ampla escolma de 3.500 dos seus fondos nun austero catálogo en liña. A colección en liña do Metropolitan Museum of Art de Nova York conta cunha impresionante base de datos en liña de case 210.000 pezas e o Louvre de ParÃs ofrece varias bases de datos que recollen unha parte ampla do patrimonio documental e artÃstico deste museo francés. Só son algúns exemplos das posibilidades de presentación en rede das coleccións dos museos.
Presentacións e demostracións
Unha ollada á realidade galega revela unha situación moi distinta. De entre as grandes institucións museÃsticas galegas, só o Museo de Belas Artes da Coruña dispón dun catálogo en liña dos seus fondos, nos que se poden consultar as obras artÃsticas depositadas nesa institución a partir dunha base de datos e un buscador por categorÃas; a base de datos describe algúns datos da peza, pero non a contextualiza nin a explica aos usuarios. Con todo, é o centro galego cunha ferramenta sistemática de procura, consulta e exploración dos fondos do museo. O resto dos grandes museos de Galicia limÃtanse a presentar e exhibir os seus fondos, se ben con diferente amplitude. É o caso do Museo da Deputación de Pontevedra, o Museo Quiñones de León de Vigo ou o Museo do Pobo Galego. Ambos os tres dispoñen de páxinas especÃficas de presentación das diferentes coleccións fÃsicas do museo e presentan algunhas pequenas fotografÃas dos seus fondos, pero non é estritamente un catálogo.
O caso da peza do dÃa
Só un museo galego, o Museo Arqueolóxico de Ourense, adscrito á Deputación provincial, emprega recursos didácticos para explicar os seus fondos nas súas sedes oficiais en Internet. É o caso do recurso A Peza do Mes, unha unidade didáctica que explica e presenta algún dos fondos da colección en detalle. O Museo ten publicado as súas fichas didácticas con análises en detalle de obxectos das súas coleccións durante os últimos dez anos, e poden ser consultadas en liña.
O caso das fundacións
Sen embargo, dáse a paradoxa de que os dous principais catálogos de arte galega en liña, con buscadores e ferramentas avanzadas de exploración, non son visibles fisicamente máis que en exposicións temporais, na maior parte dos casos. É o caso das coleccións de arte da Fundación Caixa Galicia e da Colección Caixanova. Ambas as dúas non dispoñen dun espazo permanente de exhibición ao público, pero poden ser consultadas en detalle nas súas respectivas webs, funcionando deste xeito case como auténticos museos virtuais.
Un contexto difÃcil
Nun informe de coxuntura presentado en abril deste ano polo Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura, reflectÃase a difÃcil situación dos 76 museos existentes en Galicia. Segundo o informe, o interese por estes centros en Galicia é inferior á media estatal, o número de visitas aos mesmos está a diminuÃr e mesmo o investimento nos mesmos medra a unha media inferior ao conxunto do Estado. A feble presenza dos museos galegos en Internet é unha parte máis desta complicada situación.