Un percorrido polos primeiros 70 anos da Escola de Belas Artes a explorar a súa relación con Pablo Picasso. Esta é a proposta da exposición A Escola de Belas Artes da Coruña e Picasso que abrÃa as súas portas este 13 de outubro no Arquivo do Reino de Galicia, na Cidade Herculina, e que se pode ver ata o vindeiro 15 de decembro.
A mostra abrangue o perÃodo inicial desta institución entre 1850 e 1920 a través da súa documentación, a incluÃr tanto pezas orixinais como reproducións. Programas e memorias académicas, expedientes do alumnado e material achegado da Escola de Belas Artes Pablo Picasso, o IES Salvador de Madariaga, o Arquivo Municipal da Coruña, o Museo de Belas Artes da Coruña, o Museo Picasso de Barcelona e algúns préstamos particulares fan parte do proxecto.
Dentro da mostra, ponse de relevo a pegada que tivo este espazo na formación artÃstica de Pablo Picasso. Segundo explica a presentación da iniciativa "é incuestionable que os anos de formación que pasou na Escola de Belas Artes da Coruña foron esenciais para o seu desenvolvemento artÃstico, asà como que as xentes e os espazos coruñeses deixaron unha pegada inconfundible nas súas obras".
Canda ás pegadas que deixou o seu paso pola institución, tamén se recollen documentos sobre outros membros da súa familia, tanto do seu pai como profesor, como da súa irmá Lola, tamén alumna, canda a rexistros da presenza na entidade de nomes como Román Navarro, Abelenda ou Isidoro Brocos.
Os contidos da mostra artéllanse nun primeiro apartado dedicado á cidade da Coruña e un segundo centrado no paso do pintor pola Escola canda a outros artistas do seu entorno ou proximidade cronolóxica. Unha terceira fase aborda a pegada da Escola de Belas Artes na cidade.