O Consello da Cultura Galega inaugurou esta mañá a exposición Olladas #EMPC. Olladas #INSITU, na que se ofrece unha panorámica sobre a evolución do patrimonio cultural galego na última década a partir dos Encontros Monográficos do Patrimonio Cultural e o programa INSITU cos que o CCG foi recollendo proxectos destacados no ámbito da investigación, difusión e restauración patrimonial. Para as comisarias, Rebeca Blanco-Rotea e Rosa Benavides, viviuse nos últimos anos unha "mudanza importante" no ámbito do patrimonio cultural galego. Para Blanco Rotea, a mostra constata que "Galicia está á vangarda en novas temáticas e moitas veces tamén tirando polo carro doutras novas", e destacou que isto sucede en tres ámbitos: "na diversidade de propostas, na transversalidade e na innovación". Os visitantes da mostra poderán ver, nun conxunto de paneis, experiencias e proxectos que dan mostra dun conxunto variado de investigacións e postas en valor, desde o paleolÃtico da Cova Eirós, as pinturas rupestres ou os campamentos romanos, pasando por innovadoras técnicas de restauración ou de prospección subrmarinoa. Pero se hai un cambio nos últimos anos, segundo Blanco Rotea, é na "converxencia entre os intereses da cidadanÃa cos dos grupos de investigación, e nos últimos anos a integración gradual da Administración". A presenza da sociedade como motor e impulsor de proxectos de investigación ou de difusión do patrimonio é un dos aspectos máis destacados do patrimonio cultural galego. A exposición Olladas #EMPC. Olladas #INSITU pódese visitar na sede do Consello da Cultura Galega ata o 30 de novembro. Tamén se pode ver en liña no web do CCG.