O Edificio Castelao do Museo de Pontevedra acolle este sábado 21 de outubro a celebración da VIII Xornada de Onomástica. O encontro anual que organiza a Real Academia Galega atenderá nesta ocasión aos nomes de persoa e de lugar presentes na cultura popular, con especial atención ao cancioneiro tradicional.
Deste xeito, Domingo Blanco abrirá os relatorios a falar sobre "Os topónimos no cancioneiro galego dos séculos XVIII e XIX", e será seguido por Xosé Miranda, quen abordará os nomes de persoa neste corpo musical e por Xosé Ramiro Cuba, que se centrará especificamente nos nomes de santos recollidos nas cantigas. A seguir o programa, "a onomástica no conto galego de tradición oral" protagonizará a intervención de Antonio Reigosa nesta xornada, e Elena Freire Paz falará encol da onomástica e a antropoloxÃa en Galicia.
Na sesión de tarde Carlos Baliñas explicará "os usos sociais do cognomentum na Galicia altomedieval" e dará paso á improvisadora e filóloga Alba MarÃa, que explicará o proxecto didáctico "Veño de moi longas terras" dedicado a abordar romances e onomástica no contexto educativo. Unha actuación musical a cargo de Talo-Valo fechará a xornada. A asistencia ao encontro é libre gratuÃta, e as sesións poderán seguirse tamén a través do web da Academia.