A toponomástica (estudo dos nomes de lugar) e a antroponomástica (estudo dos nomes de persoa) centran a novena xeira da Xornada de Onomástica Galega. Ana Boullón e Luz Méndez, membros do Seminario de Onomástica da RAG, coordinan este encontro, que se celebra o 19 de outubro no Museo de Pontevedra co lema Os outros nomes.
Segundo sinalan as coordinadoras, estes "son os nomes propios que reciben outros elementos do mundo que o ser humano bautizou: animais, obxectos persoais e comunitarios, conceptos culturais, descubertas da ciencia... O estudo destes nomes baséase non tanto na etimoloxía das palabras usadas para nomear, como nas referencias sociais e persoais que motivan a súa utilización, referencias que tamén nos definen como pobo e que nos encadran nas culturas do noso arredor".
O programa abrirá cunha intervención do neurofisiólogo e comunicador científico Xurxo Mariño titulada Da víbora de Seoane á estrela Rosalía. Martin Pawley, da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, abordará os nomes galegos do ceo, e Noelia García Díaz, Elisa Fernández Rei, Adina Ioana Vladu e Carmen Magariños Iglesias afondarán no caso das intelixencias artificiais e os xeitos de nomealas e presentarán os proxectos galegos neste campo. A rematar a sesión de mañá, Noemi Basanta, falará sobre as denominacións dos grupos de pandeireteiras e Ramón Mariño Fernández analizará os nomes nos fanzines galegos desde 1990.
Durante a tarde, Anxos García Fonte abordará unha aproximación aos usos contemporáneos nos nomes de animais desde a escola, e Celso Santamartín rematará a sesión cunha actuación titulada Dicir o nome e esperar o eco. A inscrición ao evento é de balde e está aberta ao público.