O Sexto Edificio do Museo de Pontevedra acollerá o vindeiro 30 de setembro a II Xornada de Onomástica Galega. A Real Academia organiza coa colaboración da Deputación Provincial e do Museo de Pontevedra esta iniciativa que se centrará na onomástica persoal, é dicir, nos nomes e apelidos. Coordinado polas académicas correspondentes Ana Boullón e Luz Méndez, o encontro aboradrá cuestións como os procedementos para restituÃr os nomes e apelidos deturpados, a continuidade e variación na transmisión dalgúns apelidos galegos, os criterios para a restitución das formas normalizadas ou a normalización da antroponimia desde os centros educativos son algúns dos temas que se abordarán no encontro. Canda a isto, falarase de estratexias para a difusión social das formas estandarizadas dos nomes de persoa e realizarse unha mesa redonda sobre os nomes propios na ficción literaria e audiovisual.