Preséntase en sociedade o Foro Galicia Crea

A nova entidade nace da man de profesionais da ciencia, a tecnoloxía e a cultura

  • Cunha xornada sobre Sete séculos de creación literaria en galego , este 5 de decembro se presentaba ao público o Foro Galicia Crea. A nova entidade nace da man "dun grupo diverso de profesionais dos eidos da ciencia, a tecnoloxía e a cultura" coa...

CGAC e Es Baluard Museu de Palma presentan a súa primeira exposición conxunta

Jannis Kounellis. Labirinto sen paredes explora o legado do máximo expoñente da Arte Póvera

  • O Es Baluard Museu D’art Contemporani de Palma, dirixido polo galego David Barro, e o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) veñen de abrir as súas colaboracións coa inauguración no centro das Illes Balears da exposición Jannis Kounellis....

Víctor Freixanes faise co premio Carlos Casares de xornalismo

Valorou a súa columna 'Vento nas velas' en La Voz de Galicia

  • Víctor Fernández Freixanes, antigo presidente da Real Academia Galega, xornalista, editor e escritor, fíxose co Premio Carlos Carlos de Xornalismo Literario, convocado polo concello de Xinzo de Limia e a Fundación Carlos Casares. O xurado premiou...

O Museo de Pontevedra exhibirá as estatuas dos profetas do Pórtico da Gloria

Incorpora á súa exposición permanente as imaxes de Enoc e Elías realizadas polo obradoiro do Mestre Mateo

  • O claustro do Edificio Sarmiento, sede o Museo de Pontevedra, amosa desde esta primeira semana de decembro as estatuas dos profetas Enoc e Elías, realizadas polo taller do Mestre Mateo para a fachada exterior do Pórtico da Gloria. As pezas, que lev...

A colección da Fundación Vicente Risco intégrase no Sistema Galego de Museos

Está integrada por documentación, obxectos persoais e obra artística do autor

  • O legado dunha das figuras centrais da Xeración Nós, Vicente Risco, conta desde agora cun maior grao de protección e recoñecemento institucional. O Consello da Xunta aprobou a integración da Colección Vicente Risco no Sistema Galego de Museos. ...

A Asociación Galega de Editoras estrea o Premio Editio recoñecendo a traxectoria da Libraría Cartabón

A nova distinción premia o labor na promoción do libro galego e a defensa da propiedade intelectual

  • A Asociación Galega de Editoras (AGE) vén de anunciar o nacemento dun novo galardón no panorama cultural do país: o Premio Editio. Esta iniciativa ten como obxectivo recoñecer o labor daquelas entidades, empresas ou persoas que se distingan pola...

Os Bicos de cine de Manuel Moldes expóñense en Pontevedra

A fundación que leva o nome do pintor ten aberta a exposición ata o vindeiro mes de marzo

  • Desde este 3 de decembro, a sede da Fundación Manuel Moldes expón a serie de debuxos Bicos de cine , que o pintor realizou o pintor para as Xornadas de Cine e Vídeo do Carballiño (Xociviga) de 1991. A colección de 25 obras, custodiada na Filmote...

O CDG presenta en Compostela Berenguela na gaiola

A montaxe é unha coprodución entre a compañía pública, Galeatro, Xarope Tulú e o FIOT de Carballo

  • A obra coa que Paula Carballeira gañou o Premio Manuel María de Proxectos Teatrais de 2024 chega a Compostela. Logo da súa estrea no Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT), Berenguela na gaiola preséntase ao público no Salón...

Abren as votacións para escoller a Palabra do Ano

Desfeita, foliada, loia, lume, retrinco e xenocidio son as propostas finalistas na convocatoria que realizan a RAG e a Fundación Barrié

  • A Real Academia Galega e a Fundación Barrié facían públicas este 3 de decembro a propostas finalistas para seren escolleitas como Palabra do Ano. Logo de finalizar o período para enviar propostas abre agora, e ata o vindeiro 21 de decembro, o pr...

Carla Simón recibe o Premio de Cinematografía de Novos Cinemas

O galardón de nova creación entregouse durante a presentación do festival que comezará o vindeiro martes

  • Coincidindo coa presentación do programa do seu décimo aniversario o festival Novos Cinemas de Pontevedra entregou hoxe á cineasta Carla Simón o que é o primeiro Premio de Cinematografía Novos Cinemas, un recoñecemento que nace para destacar o...

A rehabilitación do Teatro Fraga custará máis de 20 millóns

Xunta e Deputación asinarán un convenio polo que achegarán este capital para as obras

  • O Consello da Xunta aprobou na súa primeira sesión de decembro asinar un convenio de colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra que levará a un investimento total de máis de 20,8 millóns de euros para completar a rehabilitación do T...

O gasto das familias en cultura continúa en máximos en Galicia

O Consello da Cultura publica a IX Conxuntura estatística do ámbito cultural

  • A IX Conxuntura estatística do ámbito cultural, coa que o Observatorio da Cultura Galega analiza de xeito anual os principais indicadores estatísticos sobre esta cuestión no noso país, está xa dispoñible na rede. O Consello da Cultura Galega d...

A derradeira lección do mestre de Castelao exhibirase en Pontevedra de xuño a setembro

Contará conha montaxe específica

  • O cadro A derradeira lección do mestre exhibirase no Museo de Pontevedra entre xuño e setembro, e contará cunha musealización específica que o "vincule coas pezas que lle deron forma e motivo, e que se conservan no museo", explico a directora do...

Culturgal recibiu máis visitantes ca nunca

A feira foi visitada por máis de 16.000 persoas e para o ano expandirase por Pontevedra

  • A feira Culturgal pechou onte, domingo, a súa edición 2025 cun balance de asistencia moi satisfactorio, xa que máis 16.100 espectadores pasaron polo Pazo da Cultura de Pontevedra. A cifra supera non só a do pasado ano por moito (12.700), senón q...

A industria musical entregou os seus primeiros galardóns

A Sala Capitol de Santiago acolleu o evento que reuniu ao sector

  • Os I Premios da Industria Musical de Galicia, impulsados pola Asociación Galega das Empresas Musicais (AGEM) reuniron onte na Sala Capitol de Santiago de Compostela a unha importante representación do sector musical a nivel artístico, técnico e e...

Os VIII premios Rodolfo Prada á xestión cultural recoñecen a Pepe de Redondela

O Festival Hércules Brass e o Festival Internacional de Curtametraxes e Arte tamén foron galardoados na convocatoria da Deputación de Ourense

  • O Centro Cultural Marcos Valcárcel da Cidade das Burgas acollía este 27 de novembro a entrega dos VIII Premios Rodolfo Prada á xestión cultural que convoca a Deputación de Ourense. Xosé González Martínez Pepe de Redondela recibiu o principal ...

A conservación do patrimonio artístico contemporáneo a debate no CGAC

Preséntase o proxecto interdisciplinar 'Legados' e sitúase no contexto galego

  • A Fundación DIDAC presenta este sábado, en cooperación coa Fundación Gabeiras e co apoio do Centro Galego de Arte Contemporánea a xornada 'Legados. Espazos para o coidado das creacións contemporáneas'. Un encontro de profesionais de diferentes...

Sete espazos novos ábrense para a Semana do Patrimonio Invisible de Santiago

Poderán acceder en visitas guiadas gratuítas máis de setecentas persoas

  • ...cavacións da Catedral, o Auditorio de Galicia, a Compañía de María, a Casa da Parra, a Colexiata do Sar e un que se garda aínda como visita secreta. O programa complétase ata compor a ducia de propostas con algunhas das experiencias máis valoradas po...

Cris Balboa representa a Galicia en Bruxelas con 'Roland, mon amour'

A artista foi seleccionada por Europalia dentro dunha mostra das culturas emerxentes periféricas do Estado

  • O espectáculo 'Roland, mon amour' de Cris Balboa, representará á cultura galega emerxente no Festival Territorio en Bruxelas este vindeiro xoves, 27 de novembro. A trixésima edición deste evento organizado por Europalia que busca amosar as artes...

A fotografía que acompaña a liberación da muller

O Consello da Cultura celebra hoxe a xornada 'Fotografía e feminismo' reunindo a nomes indispensables na reflexión

  • No marco das conmemoracións do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Consello da Cultura Galega (CCG) celebra este mércores a xornada 'Fotografía e feminismo' comisariada por Paula Cabaleiro e Rosario S...