A Xunta supera o modelo da RGMV na nova liña de axudas a concertos en salas

A nova convocatoria bianual mantén o orzamento de 400.000 euros pero ábrese a diferentes tipos de promotores

  • A Xunta ven de publicar no Diario Oficial de Galicia unha convocatoria bienal de subvencións para proxectos de programación musical nas salas privadas que supón un cambio de modelo e deixa atrás a vinculación desta liña de subvencións á Rede ...

O Concello de Ferrol merca a futura sede do Museo do Modernismo

O investimento de 192.000 é o primeiro paso para o centro que homenaxeará o arquitecto Rodolfo Ucha

  • Un edificio da autoría do arquitecto Rodolfo Ucha acollerá o futuro Museo do Modernismo, co que Ferrol lembrará a figura deste creador. O Concello anunciaba este 9 de decembro a adquisición do inmoble situado no número 186 da rúa Magdalena por ...

Santiago reivindica desde hoxe á escritora e xornalista Concha Castroviejo

Roteiros e outras actividades difundirán a vida e obra e darán a coñecer o seu traballo

  • Este mes de decembro de 2025 cúmprense 30 anos do pasamento da escritora, crítica literaria e xornalista Concha Castroviejo Blanco-Cicerón (Santiago de Compostela, 1910- Madrid, 1995). Baixo a idea de popularizar a súa figura, o Centro de Informa...

Raquel Campos Pico gana por segunda vez o premio Reimóndez Portela

A reportaxe aborda o impacto da rede na saúde mental e no benestar emocional

  • A xornalista Raquel C. Pico fíxose por segunda vez co premio Reimóndez Portela coa reportaxe "Non estamos ben en internet!". O texto reflexiona sobre o "impacto da hiperconexión do mundo actual na saúde mental, no benestar emocional e a súa pres...

Sirât candidata a dous premios Globos de Ouro

O filme foi recoñecido pola revista The New Yorker como mellor película do ano

  • O filme Sirât do realizador galego Oliver Laxe vai engadindo co paso das semanas máis méritos que afianzan o incuestionable do seu éxito e impulsan a película de cara aos premios Oscar da industria estadounidense. Nos galardóns Globos de Outro,...

O debuxante Siro López doa o seu legado bibliográfico á Universidade da Coruña

Ficará custodiado na facultade de Humanidades

  • O patrimonio cultural da Universidade da Coruña (UDC) enriquécese desde esta semana cunha incorporación de excepcional valor. O debuxante, xornalista e ensaísta Siro López (Ferrol, 1943) oficializou a doazón de todo o seu legado bibliográfico ...

Preséntase en sociedade o Foro Galicia Crea

A nova entidade nace da man de profesionais da ciencia, a tecnoloxía e a cultura

  • Cunha xornada sobre Sete séculos de creación literaria en galego , este 5 de decembro se presentaba ao público o Foro Galicia Crea. A nova entidade nace da man "dun grupo diverso de profesionais dos eidos da ciencia, a tecnoloxía e a cultura" coa...

O Museo de Pontevedra exhibirá as estatuas dos profetas do Pórtico da Gloria

Incorpora á súa exposición permanente as imaxes de Enoc e Elías realizadas polo obradoiro do Mestre Mateo

  • O claustro do Edificio Sarmiento, sede o Museo de Pontevedra, amosa desde esta primeira semana de decembro as estatuas dos profetas Enoc e Elías, realizadas polo taller do Mestre Mateo para a fachada exterior do Pórtico da Gloria. As pezas, que lev...

A colección da Fundación Vicente Risco intégrase no Sistema Galego de Museos

Está integrada por documentación, obxectos persoais e obra artística do autor

  • O legado dunha das figuras centrais da Xeración Nós, Vicente Risco, conta desde agora cun maior grao de protección e recoñecemento institucional. O Consello da Xunta aprobou a integración da Colección Vicente Risco no Sistema Galego de Museos. ...

A Asociación Galega de Editoras estrea o Premio Editio recoñecendo a traxectoria da Libraría Cartabón

A nova distinción premia o labor na promoción do libro galego e a defensa da propiedade intelectual

  • A Asociación Galega de Editoras (AGE) vén de anunciar o nacemento dun novo galardón no panorama cultural do país: o Premio Editio. Esta iniciativa ten como obxectivo recoñecer o labor daquelas entidades, empresas ou persoas que se distingan pola...

Os Bicos de cine de Manuel Moldes expóñense en Pontevedra

A fundación que leva o nome do pintor ten aberta a exposición ata o vindeiro mes de marzo

  • Desde este 3 de decembro, a sede da Fundación Manuel Moldes expón a serie de debuxos Bicos de cine , que o pintor realizou o pintor para as Xornadas de Cine e Vídeo do Carballiño (Xociviga) de 1991. A colección de 25 obras, custodiada na Filmote...

O CDG presenta en Compostela Berenguela na gaiola

A montaxe é unha coprodución entre a compañía pública, Galeatro, Xarope Tulú e o FIOT de Carballo

  • A obra coa que Paula Carballeira gañou o Premio Manuel María de Proxectos Teatrais de 2024 chega a Compostela. Logo da súa estrea no Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT), Berenguela na gaiola preséntase ao público no Salón...

Andrés Rivas Rodís obtén a I Residencia ArtLab IGFAE

O artista disporá de 8.000 euros e dun espazo de traballo para desenvolver o proxecto Outro e sobre si

  • A I Residencia ArtLab IGFAE, que convocan o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías e mais a Cidade da Cultura, xa ten gañador. O graduado en Belas Artes Andrés Rivas Rodís foi seleccionado para esta iniciativa polo seu proxecto Outro e sob...

A pandeireta reivindica a súa modernidade nunha xornada do CCG en Lugo

Organiza unha xornada e unha exposición este mércores 3 de decembro

  • A pandeireta deixa de ser unicamente un instrumento de acompañamento para reclamar o seu protagonismo. O Consello da Cultura Galega (CCG) organiza hoxe, 3 de decembro, a xornada "A pandeireta galega. Actualización dun instrumento ancestral" na cida...

Abren as votacións para escoller a Palabra do Ano

Desfeita, foliada, loia, lume, retrinco e xenocidio son as propostas finalistas na convocatoria que realizan a RAG e a Fundación Barrié

  • A Real Academia Galega e a Fundación Barrié facían públicas este 3 de decembro a propostas finalistas para seren escolleitas como Palabra do Ano. Logo de finalizar o período para enviar propostas abre agora, e ata o vindeiro 21 de decembro, o pr...

Carla Simón recibe o Premio de Cinematografía de Novos Cinemas

O galardón de nova creación entregouse durante a presentación do festival que comezará o vindeiro martes

  • Coincidindo coa presentación do programa do seu décimo aniversario o festival Novos Cinemas de Pontevedra entregou hoxe á cineasta Carla Simón o que é o primeiro Premio de Cinematografía Novos Cinemas, un recoñecemento que nace para destacar o...

A Cátedra Rosalía de Castro dará a coñecer novos detalles da vida da poeta

A I Xornada Avances na biografía de Rosalía de Castro celébrase o 11 de decembro en Santiago

  • A Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela acolle este 11 de decembro a I Xornada Avances na biografía de Rosalía de Castro. No encontro diferentes especialistas en estudos rosalianos achegarán datos inéditos e novas pers...

Ourense celebra a I Semana de Cine Arqueolóxico

O Museo Arqueolóxico e o Cineclube Padre Feijoo organizan a cita entre os días 2 e 5 de decembro

  • Un ciclo de cinema centrado na investigación do pasado. Esta é a proposta da I Semana de Cine Arqueolóxico que se celebra na Casa da Cultura de Ourense entre os días 2 e 5 de decembro. O Museo Arqueolóxico Provincial e mais o Cineclube Padre Fei...

A derradeira lección do mestre de Castelao exhibirase en Pontevedra de xuño a setembro

Contará conha montaxe específica

  • O cadro A derradeira lección do mestre exhibirase no Museo de Pontevedra entre xuño e setembro, e contará cunha musealización específica que o "vincule coas pezas que lle deron forma e motivo, e que se conservan no museo", explico a directora do...

Culturgal recibiu máis visitantes ca nunca

A feira foi visitada por máis de 16.000 persoas e para o ano expandirase por Pontevedra

  • A feira Culturgal pechou onte, domingo, a súa edición 2025 cun balance de asistencia moi satisfactorio, xa que máis 16.100 espectadores pasaron polo Pazo da Cultura de Pontevedra. A cifra supera non só a do pasado ano por moito (12.700), senón q...