A Xunta ven de publicar no Diario Oficial de Galicia unha convocatoria bienal de subvencións para proxectos de programación musical nas salas privadas que supón un cambio de modelo e deixa atrás a vinculación desta liña de subvencións á Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV). De feito, as novas bases xa nin contemplan referencias á RGMV que foi unha das liñas de polÃtica cultural musical impulsadas neste século pola administración, pero que nos últimos tempos amosaba esgotamento e distancia coa realidade do sector, ata o punto de que as últimas convocatorias non tiveron moita demanda entre as salas, non chegando a esgotsar nin a metade do orzamento previsto na anterior. En diálogo coas asociacións que representan a distintas partes do sector (salas, promotores, músicos), a Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), da Xunta presentou estas bases, con notables cambios pero co mesmo orzamento que no pasado exercicio, 400.000 euros para os anos 2026 e 2027.
As bases reformulan varios aspectos do apoio público tal e como se viña facendo no marco da RGMV, co fin de incentivar a coordinación e implicación de todos os axentes no impulso profesional da música ao vivo, máis alá dos eventos de gran formato. Os principais cambios teñen que ver co tipo de entidades beneficiarias e as caracterÃsticas das programacións subvencionables. AsÃ, as solicitantes destas axudas, que anteriormente recaÃan nas propias salas inscritas previamente na RGMV, deben ser agora empresas galegas que promovan servizos no ámbito da música ao vivo, incluÃndo promotoras, managers, axentes e organizadoras de eventos.
O obxecto é o desenvolvemento de programacións de concertos de carácter profesional en salas privadas da Comunidade durante o bienio 2026-2027. Estas carteleiras deben constar dun mÃnimo de 10 actuacións en cando menos cinco destes locais e tres provincias, para o que cada entidade subvencionada poderá contar cunha achega de ata 50.000 euros. Mantéñense nas bases o impulso da música galega e a presenza feminina nestes carteis, o establecemento dun caché artÃstico mÃnimo de 250 euros, a limitación para as promotoras solicitantes de non presentar unha programación con máis dun 20% de formacións musicais da súa axencia ou o foco nos novos talentos, que deberán conformar o 20% da proposta. Estas axudas para programación musical nas salas privadas galegas poderán solicitarse desde hoxe e ata o 12 de xaneiro a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.