A Axencia Galega das Industrias Culturais, AGADIC, ven de publicar no Diario Oficial de Galicia as bases da convocatoria de subvencións para o desenvolvemento de proxectos de programación musical en salas privadas dentro da programación do Xacobeo 2021. As axudas que se concederán nun réxime de concorrencia non competitiva contan cun orzamento total de 800.000 euros e mañá abrese o prazo de presentación de solicitudes ata o vindeiro 1 de marzo. Non obstante a premura na presentación de solicitudes é case un requisito xa que, unha vez esgotado o crédito na contÃa máxima fixada nas bases, non se admitirán novas solicitudes aÃnda que a publicidade desta circunstancia se produza con posterioridade. Entre os requisitos a cumprir os proxectos financiados deberán incluÃr unha programación mÃnima de 15 concertos, cun 70 % mÃnimo de grupos galegos, e cun orzamento mÃnimo do proxecto de 20.000 euros e desenvolverse integramente en Galicia nas datas comprendidas entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 31 de outubro de 2021.