As subvencións de creación audiovisual para o desenvolvemento e a promoción do talento audiovisual galego experimentan un novo aumento na súa contÃa e modalidades. A nova convocatoria publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia pola Axencia Galega de Industrias Culturais presenta un crédito orzamentario de 194.000 euros, para as anualidades 2021 e 2022. O ano pasado estas axudas da Agadic foron obxecto dun aumento dentro do mesmo exercicio, pasando dos 156.000 euros aos 178.000 euros finalmente en 2020, cantidade que agora aÃnda aumenta en 16.000 euros. Ademais entran dentro das modalidades de creación audiovisual subvencionables os proxectos de webserie en versión orixinal galega. Este terán que ter un mÃnimo de 3 capÃtulos e unha duración mÃnima total de 30 minutos, ademais dunha unidade argumental e continuidade entre os episodios.
Estas axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva, e están dirixidas ao fomento á creación de obras audiovisuais con decidida vocación artÃstica e cultural e, en concreto, a escrita de guións, o desenvolvemento de guións, a realización de curtametraxes e a posprodución de curtametraxes a cargo de creadores individuais, e a realización de longametraxes a cargo de empresas individuais ou produtoras, ademais de ás webseries nesta nova convocatoria. Outra das novidades das bases das axudas este ano é a división en dúas subcategorÃas das modalidades de axuda a curtametraxes (inferiores sempre a 60 minutos e gravadas en galego en todos os casos), en función do seu punto de desenvolvemento. Asà aquelas que e pidan subvención sobre proxecto poden alcanzar axudas de 6.000 euros, mentres que as que xa estean en produción poderán obter 4.000 euros e os traballos de posprodución deberán levarse a cabo en Galicia.