O director da Axencia Galega de Industrias Culturais da Xunta, Jacobo Sutil, reuniuse cos responsables das asociacións Músicas ao Vivo e Clubtura, que representan os intereses dos músicos e das salas, para presentarlles o novo sistema de financiamento da Rede Galega de Música ao Vivo, que será mediante a convocatoria de subvencións. A axencia gobernamental destinará un orzamento de 600.000 euros en dous anos para impulsar as contratacións e a profesionalización ao abeiro deste circuÃto de concertos, que recuperará a súa actividade despois de que a pandemia motivara a súa substitución por outras vÃas de apoio á música ao vivo. Na súa anterior convocatoria, de 2020, esta liña de traballo da Agadic contaba cun orzamento anual de 200.000 euros, pero as circunstancias da pandemia fixeron que a súa actividade cesase bruscamente ese mes de agosto por decisión da Xunta de equiparar a actividade das salas de concertos co ocio nocturno.
Na memoria dos orzamentos da ConsellerÃa para 2021 e en sede parlamentaria, o director da axencia xa avanzou a vontade naquel momento da Xunta de "modificar o financiamento" da Rede Galega de Música ao Vivo "para facilitar que os concertos sexan rendibles para as salas". Segundo comunica a Xunta, o circuÃto autonómico de concertos retomará asà a actividade "despois de que as restricións sanitarias provocadas pola pandemia motivaran a súa suspensión e conseguinte substitución por outras vÃas extraordinarias de apoio ao sector da música en directo a través do Plan de reactivación do sector cultural". Nese sentido compre recordar que o Consello da Xunta de Galicia aprobou o 21 de xaneiro de 2021 as bases da convocatoria dunha liña extraordinaria de subvencións para o desenvolvemento de proxectos de programación musical en salas de concertos no marco do Xacobeo 2021 cunha dotación de 800.000 euros.
Ata setembro de 2023
Segundo se lles comunicou onte a representantes de salas e músicos, as destinatarias destas axudas serán as salas privadas de exhibición musical para a organización de concertos de solistas e bandas galegas, con público en directo, ata setembro de 2023 e a súa concesión será en réxime de concorrencia non competitiva. Nas bases, segundo informa Agadic, contemplaranse dúas modalidades de subvención, que polas súas caracterÃsticas supoñen unha novidade nos quince anos de funcionamento da RGMV. A través da primeira delas, a Xunta financiará o 100% do orzamento de cada local adxudicatario para a organización dun número máximo de actuacións como parte da Rede Galega de Música ao Vivo, mentres que a través da segunda modalidade farase unha aportación por cada un dos concertos que o espazo se comprometa a desenvolver, a maiores dos anteriores.