Raquel Campos Pico gana por segunda vez o premio Reimóndez Portela

A reportaxe aborda o impacto da rede na saúde mental e no benestar emocional

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Raquel Campos Pico gana por segunda vez o premio Reimóndez Portela

A xornalista Raquel C. Pico fíxose por segunda vez co premio Reimóndez Portela coa reportaxe "Non estamos ben en internet!". O texto reflexiona sobre o "impacto da hiperconexión do mundo actual na saúde mental, no benestar emocional e a súa presión no mercado laboral", explicou o xurado, quen salientou que "introduce o paradoxo de que na era da información o principal perigo é a desinformación". Á 30ª edición do Reimóndez Portela de xornalismo presentáronse 21 textos e está dotado con mil euros. Raquel C. Pico xa obtivera o mesmo galardón no 2016.

Que che parece esta nova?
146 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Raquel C. Pico, Xornalismo, Internet

Claves

Protagonistas
Conceptos