Sirât candidata a dous premios Globos de Ouro

O filme foi recoñecido pola revista The New Yorker como mellor película do ano

O filme foi recoñecido pola revista The New Yorker como mellor película do ano
Imaxe da rodaxe de 'Sirat' © Quim Vives
O filme Sirât do realizador galego Oliver Laxe vai engadindo co paso das semanas máis méritos que afianzan o incuestionable do seu éxito e impulsan a película de cara aos premios Oscar da industria estadounidense. Nos galardóns Globos de Outro, convocados pola Asociación da Prensa Estranxeira en Hollywood o filme Laxe ven obter dúas candidaturas finalistas. Unha delas, a de Mellor Película de Fala non inglesa, mentres que na outra será a potente e presente banda sonora asinada por Kangding Ray a que aspira a galardón. Ademais disto o filme foi designado pola prestixiosa revista The New Yorker, como a mellor longametraxe deste ano 2025.

Estas candidaturas veñen engadirse a outras destes pasados meses, incluíndo a designación do filme como representante da cinematografía española nos Oscar. Este vindeiro 16 de decembro darase a coñecer a lista curta ou "shortlist" dos Oscar, para saber se 'Sirât' continúa o percorrido dentro da competición polo galardón á Mellor Película Internacional e nese caso haberá que seguir agardando ata o 22 de xaneiro de 2026 para saber xa as cinco películas candidatas de todo o mundo nesta categoría.