Sirât acada oito Premis Gaudí de Catalunya

Recibiu o de mellor película en lingua non catalá ademais de outros recoñecementos técnicos

9/2/2026 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual

Suma e segue Sirât cos recoñecementos das academias de cine, neste caso a catalá ven de outorgarlle ao filme de Óliver Laxe oitos dos seus galardóns anuais, os Premis Gaudí. O filme do realizador galego foi designado como a  mellor película de lingua non-catalá do 2025 e acadou tamén outros sete premios na cerimonia da decima oitava edición destes galardóns. 

Que che parece esta nova?
142 lecturas 0 reaccións
Compartir:

O palmarés para Sirât deixa ver un claro recoñecemento da súa excelencia técnica. Os Gaudí premian, por exemplo o seu destacado traballo de Son, polo cal tamén é finalista nos Premios Óscar. Ademais, os académicos cataláns tamén galardoaron do filme como Mellor Música Orixinal; mellor Dirección Artística; Mellor Fotografía; Mellor Dirección de Produción; Efectos Visuais e Maquillaxe e Perruquería. O realizador non puido estar presente na gala catalá polos seus compromisos nos Estados Unidos coa campaña de promoción da película de cara aos Óscar. 


Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sirât, Catalunya, Cine, Fotografía...

Claves

Protagonistas