'O que arde' será finalista a mellor película europea nos Premios Gaudí cataláns

A Acadèmia del Cinema Català tamén dá opción de galardóns a 'Quien a hierro mata' e 'Elisa e Marcela'

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
'O que arde' será finalista a mellor película europea nos Premios Gaudí cataláns

A Acadèmia del Cinema Català ven de anunciar hoxe as películas que optan a recibir os seus premios audiovisuais, os Premis Gaudí, e do mesmo xeito que está nos Premios Goya e nos Premios Feroz, O que arde volve aparecer tamén nesta outra quiniela finalista e non é a única produción galega que ten oportundiade de sair de Catalunya cun galardón. A película de Óliver Laxe está entre as catro producións que optan ao Premio a mellor Película Europea do ano, premio no que compite xunto con The Favourite (Reino Unido), Lazzaro felice(Italia) e Portrait de la jeune fille en feu (Francia). Ademais O que arde opta, igual que na final dos Premios Goya ao premio á Mellor Fotografía para Mauro Herce polo seu traballo.

A produción da empresa coruñesa Vaca Films Quien a hierro mata (Paco Plaza), protagonizada por Luís Tosar, é finalista en catro categorías dos galardóns cataláns: Mellor Música Orixinal, Mellor Vestiario, Mellor Dirección de Produción e Mellor Actor Secundario `para Enric Auquer. A película rodada en Galicia e da que é parte produtora a empresa Zenit, Elisa e Marcela (Isabel Coixet), opta tamén a catro premios: Mellor Música Orixinal, Mellor Dirección Artística, Mellor Vestiario e Mellor Maquillaxe e Perruquería. Os gañadore4s daranse a coñecer o vindeiro 19 de xaneiro.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Premios Goya, Elisa e Marcela, Fotografía...