'Sirât' tamén convence á Academia de Cine francesa

O filme competirá polo premio César a mellor película estranxeira

29/1/2026 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
72 lecturas | Compartido 1 veces

Imaxe da rodaxe de 'Sirât'. Foto: © Quim Vives

A Academia de Cine de Francia é a última en achar tamén lugar para 'Sirât' entre os candidatos finalistas dos seus galardóns anuais, os premios César. A película do realizador galego opta xa ao premio a Mellor Película Estranxeira do 2025, competindo de novo coa brasileira 'O agente secreto' e a noruega 'Valor sentimental' e ademais coa estadounidense 'Unha batalla tras outra' e a chinesa 'Black Dog'. Os galardóns daranse a coñecer o vindeiro 26 de febreiro nunha gala no Teatro Olympia de París, cidade na que xustamente naceu Óliver Laxe pola situación migratoria dos seus pais. A academia francesa súmase así ao recoñecemento do filme como xa fixeron as homólogas española, británica e estadounidense, que a teñen tamén nas súas candidaturas.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves