Quiosco: Salghadoiro Nº2

A revista meca presenta un novo número dando presenza ao talento na costa atlántica

  • O segundo número da revista Salghadoiro preséntase hoxe en Santiago de Compostela no espazo de Casa RIA ás 18:00 horas. Trátase dunha revista en papel, de contido eminentemente creativo e carácter semestral e coa que pretenden traspasar fronteir...

Moito máis que unha porta

A nova campaña no castro de Montes Claros desvela inxentes traballos na construción do sistema de acceso

  • A nova campaña arqueolóxica do castro de Montes Claros (A Laracha) xa leva tres ampliacións das sondaxes ao longo de todo este tempo. Puri Soto, directora da intervención, tenta aclarar a complexidade das estruturas que van aparecendo nunha área...

Cristian Silva avanza no seu estilo con 'Un home tranquilo'

O segundo disco en solitario do gaiteiro de Carril afonda na súa fusión de xéneros

  • Dez anos pasaron desde o seu disco de debut en solitario, 'Ego' (2015), e Cristian Silva ven de presentar un segundo álbum tras do que hai cinco anos intensos de preparación. O gaiteiro, acordeonista e percusionista de Carril recolle en 'Un home tr...

A Feira Cultura En CaMiño celebra esta semana súa cuarta edición

Máis dun cento de escritores acudirán a este evento na localidade coruñesa de Miño

  • A localidade de Miño acollerá entre os días 17 e 20 de xullo a celebración da cuarta edición da Feira da Cultura EnCaMiño, unha proposta local que reunirá a máis dun cento de escritores, así como a editoras, librarías e outros axentes do se...

A Xunta amplía o alcance do plan de intervencións arqueolóxicas

A partida para escavacións e postas en valor incrementouse nun millón de euros

  • A Xunta investirá este ano 1,5 millóns de euros en 81 accións en xacementos, de acordo co Plan de actuacións arqueolóxicas. Serán investimentos destinados "ao acondicionamento, conservación, investigación, catalogación e divulgación dos nos...

O pazo de Mariñán acolle un novo encontro de artistas emerxentes

Está promovido pola Real Academia Galega de Belas Artes e a Deputación da Coruña

  • O Pazo de Mariñán acolle desde hoxe ata o vindeiro venres os ‘6º Encontros de Mariñán 2025. Residencia de Artistas Emerxentes' , un evento de creación artística no que participan 40 alumnos procedentes das ensinanzas artísticas de Galicia, ...

María López Quiroga gaña o Illa Nova de Narrativa

A lucense obtivo o galardón co texto 'Perder o norte'

  • O xurado da novena edición do Premio Illa Nova de Narrativa decidiu por maioría outorgar o galardón deste ano ao texto 'Perder o norte', obra da escritora María López Quiroga (Lugo, 1992). O xurado destacou da obra escollida que "é unha novela ...

Corme homenaxea o navegante Mourelle de la Rúa

Exposicións, conferencias e visitas guiadas lembran o mariño ao longo de xullo e agosto

  • Hai 250 anos, o navegante cormelán Mourelle de la Rúa participou nunha expedición de recoñecemento da costa de Alaska por encargo da Coroa española. Piloto dun dos barcos da escuadra, rexistrou no seu diario o contacto coas tribos indíxenas. Aq...

A cuarta edición do festival Abanea de danza chegará a cinco concellos

Do 16 ao 20 de xullo visitará Ames, Outes, Marín, Foz e Celanova con espectáculos de nove compañías

  • O Festival Abanea celebrará entre o 16 e o 20 de xullo a súa cuarta edición cun programa de danza contemporánea de distintos estilos que distribuirá 15 funcións de nove compañías entre os concellos de Ames, Outes, Marín, Foz e Celanova co ap...

Luscofusco publica un novo libro de poemas inéditos de Celso Emilio

Reúne corenta escritos rescatados polo fillo do escritor como xa fixera en 'O Cabronario'

  • 'Pido unha patria ao mundo' é o título baixo o que a editorial Luscofusco ven de publicar corenta poemas inéditos de Celso Emilio Ferreiro, recompilados de escritos dispersos e esquecidos polo seu fillo, Xabier Ferreiro. O volume inaugura a colecc...

Unha xornada reivindica o saber ancestral da rega comunitaria

Enmárcase dentro da proposta para ampliar a candidatura ao patrimonio inmaterial

  • “As comunidades labregas desenvolveron en Galicia sistemas complexos de xestión da auga creando sistemas hidráulicos adaptados a cada lugar e xestionados, de maneira formal ou informal, polos veciños de cada aldea”, afirman os coordinadores da...

Natalia Umpiérrez e Nuria Figueiredo expoñen en DUPLA

As artistas dialogan coas súas obras en cerámica e papel sobre o humano e o místico

  • Tras varias exposicións monográficas (Lara Pintos, Diego Cabezas, Xaquín Chaves) a Galería DUPLA de Santiago de Compostela (Fonte de San Antonio, 9) volve a explorar as duplicidades como diálogo entre artistas, parte do seu proxecto fundacional,...

Carabela publican 'Club A Noite (REMIX)'

A banda dálle unha volta máis escura e hipnótica ao seu anterior traballo

  • Case exactamente un ano despois de sacar o álbum 'A noite' (2024) e tendo gañado polo medio o XVI Concurso Fran Pérez "Narf" para grupos e artistas musicais que promove a área de cultura da Deputación da Coruña, a banda noiesa Carabela publica ...

O lameiro que gardaba unha época enteira

As escavacións dunha piscina no balneario de Lugo ofrecen un dos conxuntos de achados máis diversos de época romana

  • As escavacións nunha piscina romana do balneario de Lugo revelaron unha cantidade de achados inusual para o contexto galego, no que conflúen aras votivas intencionalmente rotas, unha enorme cantidade de madeira de época romana, un conxunto cerámi...

Curtocircuíto pecha con premios para Berio Molina e Frederico Lobo

A vixésimo segunda edición repartiu o seu palmarés tras seis días de cinema e actividades

  • O Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto de Santiago de Compostela clausurou a súa vixésimo segunda edición coa entrega de premios dos xurados. A gala, conducida por Nuno Pico (Grande Amore, Oh Ayatollah) puxo fin a seis días de cinema, ...

O IV Festivalle achega tres representacións teatrais a Vilanova de Arousa

O programa inclúe tamén un curso de verán e proxeccións cinematográficas entre o 8 e o 11 de Xullo

  • O Concello de Vilanova acolle entre os días 8 e 11 de xullo a cuarta edición do Festivalle. O único evento dedicado en exclusiva a Valle-Inclán na Península achega nesta xeira tres montaxes teatrais aos escenarios da vila. Los cuernos de Don Fri...

O Outono Lírico de Vigo programará a ópera Werther de Massenet

O festival desenvolveranse entre setembro e outubro

  • O Festival Outono Lírico de Vigo ofrecerá o 8 de novembro a ópera Werther, de Jules Massenet. Así se deu a coñecer tras da sinatura do convenio entre o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o presidente da Asociació...

Unha nova residencia creativa busca conectar ciencia e arte

Universidade de Santiago e Cidade da Cultura promoven as Residencias ArtLab IGFAE

  • Promover proxectos artísticos vinculados coa investigación científica é o obxectivo das Residencias ArtLab IGFAE. O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro de investigación mixto da USC e da Xunta de Galicia, e a Cidade da...

The Rapants abren hoxe os Atardeceres no Gaiás

A Cidade da Cultura de Galicia ofrecerá ata 11 citas este verán con artistas galegos e foráneos

  • Este xoves ás 21:00 horas o concerto da banda muradán The Rapants, na praza central da Cidade da Cultura de Galicia dará inaugurará o programa estival Atardecer no Gaiás. En total serán 11 citas musicais abertas ao público de balde con 16 band...

As axudas ao talento audiovisual chegan ao 10 por cento dos solicitantes

Tres longametraxes e oito curtametraxes recibirán as subvencións da Agadic

  • A Axencia galega de Industrias Culturais (Agadic) ven de facer pública a resolución da concesión de subvencións á creación audiovisual para a promoción do talento audiovisual galego convocada en xaneiro deste ano. Esta liña de axudas está do...