
De xeito paralelo, un curso de verán na capela de A Pastoriza acollerá o día 9 intervencións de Pablo Landín sobre "A presenza do Grand Guignol nas primeiras representacións de La cabeza del Bautista, de Valle-Inclán", Manuel Santos Ledo con "Xeografía física e xeografía literaria en Valle-Inclán", Álvaro Lago a falar "Aquí viviu o veciño de Valle-Inclán: a Pontevedra á que chegan os Valle-Peña" e Francisco Charlín e José Losada a abordar "A Vilanova de Valle-Inclán: lugares, paisaxes e costumes".
Para o día 10 está prevista a presenza no encontro de Jorge Carril, quen tratará "A recepción de Valle-Inclán polo galeguismo", seguido por Ramón Rozas con "Valle-Inclán e Castelao" e Francisco Charlín a tratar "A antiga Casa e torre do Caramiñal e Valle-Inclán: contos e lendas".
Olga Marta Mesén e a palestra "A pegada do primeiro Valle-Inclán en 'Cuentos de angustias y paisajes' do escritor costarricense Carlos Salazar Herrera" e unha performance inspirada en La lámpara maravillosa a cargo do debuxante Pablo Gallo e o músico Iago Alvite completan os contidos da última xornada. Na mesma tamén se presentará o libro Los orígenes de Valle-Inclán, Tierra, linaje y leyenda, de Francisco Charlín.