Corme homenaxea o navegante Mourelle de la Rúa

Exposicións, conferencias e visitas guiadas lembran o mariño ao longo de xullo e agosto

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Francisco Mourelle de la Rúa

Francisco Mourelle de la Rúa

Hai 250 anos, o navegante cormelán Mourelle de la Rúa participou nunha expedición de recoñecemento da costa de Alaska por encargo da Coroa española. Piloto dun dos barcos da escuadra, rexistrou no seu diario o contacto coas tribos indíxenas. Aquel diario iría parar a mans do famoso mariño inglés James Cook, quen o empregaría para as súas viaxes. Francisco Mourelle de la Rúa (1750-1820) é un dos navegantes máis destacados da historia galega e será motivo dunha serie de eventos de homenaxe ao longo dos meses de xullo e agosto. Deste xeito, hoxe inaugúrase a exposición "Mourelle en Alaska" no Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte (MACCMO). O día 17 Suso Lista e María Suárez impartirán unha conferencia sobre a expedición. O 25 de xullo e o 15 de agosto haberá paseos históricos polo Corme de Mourelle ou o 8 de agosto haberá unha sesión divulgativa de Adrián Brandariz sobre o contexto histórico da expedición mentres que Daniel Caramés trazará a xeneloxía familiar do mariño. Os actos están promovidos polo concello de Ponteceso e a Asociación Cultural Ínsua de Viastela coa colaboración da Deputación da Coruña.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Morte, Deputación da Coruña, Costa da Morte...