The Rapants abren hoxe os Atardeceres no Gaiás

A Cidade da Cultura de Galicia ofrecerá ata 11 citas este verán con artistas galegos e foráneos

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
The Rapants  Foto: © Andrea Sánchez

The Rapants Foto: © Andrea Sánchez

Este xoves ás 21:00 horas o concerto da banda muradán The Rapants, na praza central da Cidade da Cultura de Galicia dará inaugurará o programa estival Atardecer no Gaiás. En total serán 11 citas musicais abertas ao público de balde con 16 bandas nas tardes dos xoves e venres de xullo e agosto. Ademais dos muradáns, esta primeira semana complétase co concerto o venres de Eris Mackenzie (Carlos Eirís), co seu proxecto de fusión de electrónica minimalista con música tradicional galega. Ademais deles, a escena galega está representada no programa por Dirty Suc, Lua de Santana, La Toñi, Melodiam, Mocho Gris, Kike Varela DJ e Sara Gimeno e Lontras, gañadores do certame Xuventude Crea 2025. Rap e música urbana, ritmos latinos, electrónica ou pop son algúns dos variados xéneros que esta cita ofrecerá ao longo do verán. A lista de artistas complétase con Ana Lua Caiano, Al Safir, Faenna, Calle Mambo ou Futurachicapop.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con The Rapants, Gaiás, Cidade da Cultura de Galicia, Pop...